
“Había un asturiano, un tal Antonio Iglesias, fillo de mineros, que estudiara cos xesuitas. Organizou clases de cultura xeral para os compañeiros.
Tamén coincidín cos catedráticos José Sánchez e Luís Echeverría, que se adicaba coma Iglesias a ensinar. Había presos de alto nivel cultural, profesionais de variadas disciplinas.
Os presos políticos eramos comunistas, ou republicanos, ou anarquistas, – eran os que máis abundaban-.Noutras galerías tamén había presos comúns.
Facíamos traballos de artesanía: estuches, marcos para cadros, flores; alí deprendín algo de boxeo, pelota vasca, xadrez. Connosco estaban uns ingleses que disque os procesaran por tragueren nun barco armas para a República. Eles, como podían pasar dun patio a outro, viñan estudiar español a onde estabamos nós. Eu queria practicar, pola miña parte, o inglés, e un día fíxenlle unha seña a un deles, un xeito de saudo. O chegar á galería mandáronnos formar e o inglés sinaloume. Expliqueilles, pero nada. O xefe dos gardas castigoume a limpar todos os días a galería completa e a valdeirar o pozo da enfermería. Negueime e deume un bofetón. Eu arrepúxeme, funme a él pero arredouse a tempo. Mandoume tres meses ó calabozo incomunicado. Eu gañei a confianza dos meus compañeiros”
Francisco Rey Balbís “Moncho” preso no cárcere de A Coruña desde o ano 1941 ta o 1945
en Xosé Neira Vilas Guerrilleiros. Ediciós do Castro. 1991
Debe estar conectado para enviar un comentario.