Entradas e saidas do cárcere

Outro golpe importante foi o consello de guerra contra os compañeiros  Manuel  Amor  Deus, Xosé M. Riobó, Francisco Fernández  Filgueiras, Bernardo Bastida, Ángel Porto Feal, Xosé Cabado, Ramiro  Romero e Joé Xulio Miraz, a principios de novembro de 1972. Tratábase dunha basta montaxe que buscaba seguir implicando ás forzas armadas na represión dos traballadores e da cidadanía en xeral. O que non lograran nos primeiros momentos daqueles acontecementos, lográbano agora.

Un mes despois, chegabn á prisión da Coruña, procedentes da prisión militar de Caranza, Amor, Riobó, Bastida e Porto. Neste momento ainda permanecían Torregrosa, Bárez..etc pero pouco tempo, connosco: a contagotas, a Comuna ía perdendo membros. Bárez saíu a finales do vran; a Loureiro e Torregrosa concedeuselles a liberdade provisional o o 22 de  decembro .

Ese ano despediríamolo os que quedábamos Julio Aneiros, Pedro Bonome, Manuel Amor, José María Riobo, Bernardo Bastida e eu, cunha cea espacial traída da casa. Pola velocidade a que viñan a miña nai e a miña muller para que a tivésemos a punto, seríalles imposta unha multa.

Antes, celebráramos unha comida cos nenos, non só os fillos dos presos, senón que estivemos acompañados polos doutros compañeiros xa postos en liberdade”

Rafael Pillado: Latexos de Vida e de Conciencia. Ed. Fuxo Buxan, Ferrol, 2012

Humillacións e mortes

si foto carcere

Cipriano Alvite foi asasiñado nos primeiros días da sublevación e Loureiro conta como acontecera a morte do sindicalista da construcción e comenta a Xerardo Díaz cómo despois duna malleria obrigáronlle a él e a outro dirixente a percorrer as rúas da cidade:

arrodeados de soldados a repartir papeles imprentados nos que se ordeaba a todos os traballadores que voltaran ós traballos. Despois sen ren afusilárono. Dixeran que houbera un consello de guerra. Mentira. Asesiñarono porque era sindicalista, polas suas ideias e..para dar exemplo….. Iso foi o escomenzo: dempois os fusilamentos foron a cotío…”

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.

Compañeiros

“Estiven dous meses en prisión , estba tamén Ignacio Toxo e Alfonso Tellado, tamén dos mayores o vello Rabina de Mugardos, anarquista de toda a vida, o vello Pillado e o meu pai,  Loureiro,  co que compartín presidio e que me protexía”

Xosé María Loureiro Fernández, preso no 1972

De: BLANCO CARBALLO, Antonio: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.