“Pillado e os demáis sempre decían sobre o franquismo: “Isto cae, isto cae”, pero a min o franquismo facíaseme eterno”
Anxo Ferreiro Currás, preso ferrolán ingresado no 1972
“Pillado e os demáis sempre decían sobre o franquismo: “Isto cae, isto cae”, pero a min o franquismo facíaseme eterno”
Anxo Ferreiro Currás, preso ferrolán ingresado no 1972
Un grupo de cataláns chegan dese Alemania deportados pola GESTAPO: Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón. Era Abril do 37.
«Tocaban diana ás sete e levantabámonos realmente cara ás oito, e logo de beber un “tipo de café” saíamos ao patio, onde o primeiro dia xa sabían da nosa chegada e bautizáronnos os seis alemáns. Non fai falta dicir que nun patio onde todo o mundo odiaba o país de onde procediamos, porque facía a guerra xunto a Franco, fixéronos o baleiro, ata que un día Carlos Ponche Patiño achegóusenos máis que os outros e ó ver que non mordiamos rompeuse o xeo, e de súpeto todo o mundo xa nos era máis amigo».
“Estos días hay verbena por aquí cerca. Todas las noches, oímos los cohetes. Hacia las seis de la tarde, empezamos a hacer planes para la noche y quedamos citados para éste o aquel toldo y decidimos lo que vamos a beber y lo que haremos después del baile. Este numerito siempre lo empieza «Juanjo» [Lolo Trovas].”
Jose Torregrosa, preso no 1972
“Un castigo era o endurecemento da disciplina: así a prohibición de usar roupas de cor roxa e de calzar zocas ou madreñas e así pasar ademáis de frío humidade: “pois o patio estaba sempre mollado da auga que saía do retrete e do grifo”
Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.
“Unha tarde, perto do serán, vin un fato de compañeiros que estaban parados fitando para o tellado do alpendre que había ao longo da parede; achegueime ó grupo e poiden ver de qué se trataba; alí enriba do cuberto había unha parella de pardales que estaba cumprindo co mandato da natureza para que non se extinga a especie. Este feito tíñamolo visto moitras veces sin lle dar importancia; máis aquí para nós tiña un siñificado especial; era como un mensaxe esotérico para as nosas arelas sensuales..”
“Os días facíanse longos e as noites mías longa ainda. As nosas vidas xa non tiñan esa sensación acongojada da espera, tiñan máis ben a apatía da renunciación, pois morriamos pouco a pouco aplastados pola certeza da derrota (…) Ibase a noite e non levaba nada de nós; ficamos con aquello que ninguén nos pudo quitar: os sentimentos.: Chegou o día i escoltábamos a chegar os ruidos lonxanos da cidade que bulía e desgoraba; os centinelas seguían berrando Alerta! par despertar os noso pensamentos amornados; os ta-ta-ta-ta-ta… das ametralladoras que os da fábrica de armas estaban probando para que quedaran ben axeitadas, ouvíase perto de nós como unha diana que nos regalaban pra que nonos esquencéramos dos irmáns que as devanditas armas iban a matar”
“Lo más interesante ha sido una cría de gorrión que cayó en el patio, a la que su madre putativa estuvo intentando sacar de allí durante tres días. Nosotros mimamos a la cría a base de pan y agua, hasta que pudo volar. Allí nos tenías a 25 tíos, sentados en el suelo, contemplando, como tontos, los revoloteos del gorrión que, por la noche, dormía en la despensa”.
Jose Torregrosa, preso no 1972
autor da foto: Faustino Rodríguez
Debe estar conectado para enviar un comentario.