O golpe de Estado na Coruña: O horror

Con realismo, o investigador Luís Lamela amosa a desfeita vivida na cidade

“Vou morrer coa fronte ergueita e tranquila conciencia, cal corresponde a un home honrado”… (Francisco Prego Campos, fusilado el 31 de agosto de 1936).

O conxunto formado pola Prisión Provincial, Punta Herminia e o Campo da Rata foi a partir de xullo de 1.936 unha xeografía de terror inmenso. Inauguráronse os macabros fusilamentos polos militares sublevados coas autoridades gubernativas da Segunda República na Coruña. Isto é, axustizando o 24 de xullo ao novo gobernador civil, Francisco Pérez Carballo, ao comandante e ao capitán das forzas de Asalto, Manuel Quesada del Pino e Gonzalo Tejero Langarita.

Despois, tocoulle a quenda a moitos máis republicanos, socialistas, galeguistas, anarcosindicalistas, ugetistas, comunistas, masóns…, fusilamentos que formaron parte durante moito tempo da paisaxe da zona da Torre de Hércules.

Precisamente, logo de recibirse un telegrama oficial da Xunta de Defensa Nacional, de Burgos, dirixido ao Xeneral da Oitava División Orgánica, na Coruña, dando o seu “enterado” da sentenza recaída no consello de guerra seguido contra as autoridades municipais da cidade, o 31 de agosto foron fusilados o propio alcalde, Alfredo Suárez Ferrín, de Unión Republicana; o deputado nacional Manuel Guzmán García, de Izquierda Republicana, Ramón Maseda Reinante, presidente da Agrupación Local Socialista coruñesa; Joaquín Martín Martínez, secretario municipal; Francisco Prego Campos, funcionario municipal e Francisco Mazariegos Martínez, funcionario do Banco Pastor e sindicalista, salvándose da quéima o funcionario Leovigildo Taboada Alvarellos e o libreiro Xosé María Eirís aos que lles conmutaron a pena de morte pola de cadea perpetua.

Toda unha macabra ilusión.

Leovigildo Taboada e Xosé María Eirís foron “paseados” pola Garda Civil no Campo da Rata o 12 de xaneiro seguinte. Unha Garda Civil que transitaban entón sen rubor algún –auxiliados eficazmente por falanxistas e por compoñentes dos Caballeros de La Coruña- polos escabrosos sumidoiros do novo Estado franquista, daquel réxime que deixou sen dereitos a media cidade e a media España.

Seguir lendo

75 aniversario da morte de Manolito Bello

Facía un día de xulio coruñés, neboento. Eran as catro e  media da tarde o día da data da morte de Manolito Bello. Faise cada ano no camposanto de Oza e acuden familiares e amigos.

A familia camiñaba a modo, moitos son maiores. Houbo que pedir unha sillas.

Empezaron as palabras e as lembranzas.

Manolito Bello Parga tiña 21 anos, era das xuventudes comunistas, no 1945 e condenado por un delito de rebelión militar pola elaboración de panfletos políticos, saíu e incorporouse  á guerrilla antifranquista.  Foi injustamente acusado de matar a Vilela un membro dos Caballeros de La Coruña,  siniestro grupo de paramilitares encargados de sementar o odio e a morte. A morte foi producida por un disparo da Garda Civil.

Igualmente  avanza a acusación como acto de propaganda na poboación amedrentada.

Manolito Bello estivo coa familia antes de ser matado, él sinalaba o pescozo sabendo o que pasaría. Prá  familia empezou o sufrimento .

O día 11 de xulio de 1946 foi morto a garrote vil.

Pedíu que lle levaran unha estrela de caraveis  roxos á súa tumba.

Cada ano llévanllo.

Unha familiar choraba sen tregua.

Despois, cando todos marcharan, ergueuse, achegouse á sepultura, levantou o brazo e dixo baixiño: Por ti Manolito, Viva la Republica!

Setenta e cinco anos despois e nunca se reparou esa morte inxusta