Segunda etapa política do goberno republicano. Comezou tralas eleccións de novembro de 1933, nas que a vitoria correspondeu ás forzas conservadoras, que comezaron unha fase de contrarreforma que acabou con boa parte dos avances sociais e políticos do primeiro bienio republicano.
Durante esta etapa, anarcosindicalistas en decembro de 1933 e socialistas en outubro de 1934, tentaron acabar cos diferentes gobernos pola vía da insurrección armada.