Derradeira carta de Bebel á súa nai

bebel.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

 

28 de julio de 1936

Madre:

Se que tu no estarás arrepentida de que tus hijos fuesen juzgados por la santa causa; sé que te remorderá por cometerse con ellos tantas injusticias, como con nuestro padre. ¡Ah! Pero él no cesó en la lucha por muchas que fuesen las injusticias. Nosotros le seguimos hasta los últimos momentos, prueba de ésto es lo que nos ocurre. Pero yo se que tu no desmayaras en la lucha pues tu siempre has contribuido enormemente en la lucha del proletariado. ¡Sé fuerte! Tienes que criar a mis hermanitos como lo has hecho con nosotros, pero creo que saldrán a su padre y a sus hermanos mayores.

Abrazos de tu hijo Bebel, al igual que a mis hermanitos.

Bebel

 

O día seguinte o deportista Bebel foi fusilado no campo da rata xunto con -entre outros- o seu irmán France. Tiña 23 anos.

Enrique Miguel Moscoso, O “Cristo de Vioño”

enrique-miguel-moscosoNaceu en A Coruña en 1910
Peón da construcción
Formou parte das milicias populares das “Juventudes Socialistas Unificadas”, xunto aos irmáns da lexía, que participaron nas vixiancias nocturnas, co Comité de Defensa da República, no Goberno Civil de A Coruña, ata a rendición no día 20.

Durante o día participaban nas barricadas levantadas polos defensores da República nas rúas coruñesas.

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña o 29 de Xullo de 1936, xunto aos irmáns da lexía, France e Bebel García.

LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. 2005.

A memoria do cárcere da Coruña, un fío de historias de represión e resistencia

Artigo de Marcos Pérez Pena en PLAZA.GAL sobre o blog Memorias do cárcere

“O outro día estaba cunha familia, que coñezo dende hai tempo. A muller é filla dun avogado moi coñecido que estivo preso na prisión da Coruña. Contaba, diante dos seus fillos, que ‘era terrible ir á comisaría, aquela música era terrible’. ‘Que música, mamá?’. ‘Aquela música que poñían na comisaría, poñían música clásica moi alta para que non se escoitasen os berros das persoas ás que estaban torturando’. E foi aí cando unha das súas fillas tivo unha revelación: “Entón era por iso que nunca nos deixaches escoitar música clásica na casa?”.

Carmen García-Rodeja coordina o blog Memoria do Cárcere, un proxecto impulsado pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica  que dende hai uns meses, semana a semana, vai relatando as experiencias persoais dos centos de presos políticos que pasaron pola prisión provincial, co obxectivo de “dar voz aos que alí sufriron, lembralos, nomealos, contar a súa historia entendemos que é un deber cidadán”.

“A través da historia dun preso, vas tirando dun fío e saen moitísimas historias. Foi moitísima a xente que pasou por esta prisión. Veciños, amigos, cando vas preguntando vas sabendo cousas. Para moitas persoas supuxo un antes e un despois, e tamén para as súas familias. E despois está a gran cantidade de persoas que mataron alí, no Campo da Rata, ou na propia prisión, a garrote vil, ademais daqueles que subían nun coche e desaparecían para sempre”, destaca Carmen García-Rodeja, que expresa a súa confianza en que os contidos destes espazo virtual, formado xa por ducias de historias persoais, acompañadas de documentos inéditos, poidan conformar nalgún momento unha exposición física, no propio recinto da prisión, aínda propiedade do Ministerio do Interior.

A información completa en: http://praza.gal/cultura/11718/a-memoria-do-carcere-da-coruna-un-fio-de-historias-de-represion-e-resistencia/

“Última voluntad”

IMGP3615

Impresionante historia que nos conta Eduardo Galeano de Bebel García, un dos irmáns “da lejía”, xogador do Deportivo.

La Coruña, verano de 1936: Bebel García muere fusilado.

Bebel es zurdo para jugar y para pensar.

En el estadio, se pone la camiseta del Depor.

A la salida del estadio, se pone la camiseta de la Juventud Socialista.

Once días después del cuartelazo de Franco, cuando acaba de cumplir veintidós años, enfrenta el pelotón de fusilamiento:

—Un momento —manda.

Y los soldados, gallegos como él, futboleros como él, obedecen.

Entonces Bebel se desabrocha la bragueta, lentamente, botón tras botón, y de cara al pelotón echa una larga meada.

Después, se abrocha la bragueta:

—Ahora sí.

Eduardo Galeano “Espejos, una historia casi universal”