O Campo da Rata de Xohán Casal

Campo da Rata

O Campo da Rata era o lugar onde se realizaban as matanzas e o medo envolveu todo o lugar como a brétema que inunda a costa ás tardiñas. Non se nomeaba ese lugar. Reimundo Patiño, pintor e amigo de Xohán Casal, deu a coñecer o poema e polo tanto o lugar, á nova xeración. Manuel Rivas no seu discurso como académico califica esta obra como “un dos grandes poemas e un dos grandes textos da memoria do terror fascista na Coruña, un dos grandes textos universais que trata do terror e dos efectos do terror na memoria colectiva”.

Seguir lendo

Documento histórico dun fusilamento

bd3e6c7b-dfa1-40fa-8303-3da81f73d909

Esta fotografía é un documento histórico. O  fotógrafo Pepe Sáez,  de Ribadeo, era no ano 1936 soldado e centinela do polvorín. Alí  xunto ó mar, no campo da rata e na garita,  observou o  terrible espectáculo dun dos  fusilamentos. Fixo a fotografía  e realizou tamén un plano.

Era o  23 de octubro de 1936, estaban sendo fusilados oito reclutas do Reximento de Infantería da cidade, acusados de sublevación militar. Os  oito eran coruñeses: Antonio Barreiro Méndez , Manuel Ferreiro Novo, Juan González Horta, Luis López Gómez, Fernando Negreira Sánchez, Luis Neira Suárez, Manuel Obelleiro Meijide e Manuel Seoane Díaz.

plano

 Plano da execución (Revista Latina de Comunicación Social, 2010)

Recolle este suceso María Torres no seu blog búscame en el ciclo de la vida  e transcibímolo íntegro a continuación:

Seguir lendo