Creación da asociación de presos políticos no ano 1977

La Voz de Galicia 17 marzo 1977

Todos con condeas: Nicanor Acosta, Enrique Veira, Juan Romero, José Díaz López, David Álvarez Carballido, Juan Antonio Otero, Manuel Pillado, José María Díaz Blanco, Victor Solís Suárez, Julio Aneiros, Fernadno Miramontes, Antonio Ares, Josefa Varela, Vicente Couce, Antonio Silvar, Evaristo Mugico, Xaquín González, Emilio Aguilar e José Antonio Gaciño.

No cárcere

artigo realizado para a revista BABEL

“Na cidade da Coruña ó pe da Torre de Hércules atópase o vello edificio da antiga prisión provincial de A Coruña. Hoxe en día, un lugar que ameaza ruína, cos tellados cubertos de herbas e fieitos e onde as gaivotas aniñan as súas crías.

O  edificio do cárcere da Coruña foi construído no anos vinte do século pasado para aloxar ós presos nunhas condicións máis dignas que o antigo presidio da cidade que era calificado polo que fora alcalde da cidade Carlos Martínez Esparís de “mazmorra inmunda”.

Tras o golpe de estado do xeneral Franco en xullo de 1936 os muros da nosa vella prisión cobrarían un triste protagonismo na historia do país.

No primeiros anos encheuse coa corporación municipal, gobernadores, dirixentes sindicais ou veciños comprometidos. Eran levados a decenas para pasar un tempo mínimo antes de ser asesiñados  despois dun xuicio farsa ou por medio dun translado a outro lugar no que se remataba ós prisioneros aplicando unha “lei de fugas”, polo que se podía disparar sen contemplacións.

Seguir lendo →

Cincuenta años del proceso de los 23, el juicio que puso a Ferrol en el mapa mundial

Neste artigo do Diario de Ferrol do 6 de xulio de 2025 contanos os xuzagdos no Tribunal de Orden Público (TOP)  “Juicio de los 23” —sumario 489/72—, por pertenecer ó sindicalismo de CCOO e acusados de instigar os disturbios do 10 de marzo de 1972 en Ferrol.

“Soy cargo sindical desde 1966. Me entrevisté con personalidades del Gobierno y de fuera del Gobierno. Intenté defender los intereses de los trabajadores, de mis compañeros (…). Si todo esto implica que soy un terrorista, lo seré toda mi vida”. Rafael Pillado fue uno de los seis procesados que quiso hacer uso del derecho a pronunciar unas últimas palabras antes de que el Tribunal de Orden Público (TOP) se retirara a deliberar tras el conocido como “Juicio de los 23” —sumario 489/72—, que sentó en el banquillo a los acusados de instigar los disturbios del 10 de marzo de 1972 en Ferrol.
Junto a él, la justicia franquista acusó a Manuel Amor y a José María Riobóo, siendo los tres líderes del sindicalismo español que más tarde salieron de la cárcel: el 5 de febrero de 1976, después de casi cuatro años privados de libertad.

Seguir lendo →

Entrando no cárcere

“A experiencia foi moi dura, non tiña a conciencia nin a a formación política doutros presos como Julio Aneiros, Pillado ou Amor que eran líderes curtidos. Eu non era do PC e non tiña ese apoio”

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

realizado a partir de: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.

.

Recordos dun compañeiro do cárcere

“… (Recuerdo….) cuando en la cárcel de A Coruña, a pesar de sus dolencias físicas, fruto del disparo en los sucesos del 72, lo que llevó a nuestro compañero Rafael Pillado a solicitar del director de la prisión autorización para poder dormir en la misma celda que Julio Aneiros , porque a veces, sus dolencias le producían mareos, incluso en ocasiones hasta llegar a perder el conocimiento.

A pesar de esas dolencias, jamás lo vi irritado; al contrario, siempre pendiente de los demás, dándonos ánimos. Jamás se dedicó a sí mismo: era un ejemplo para todos, por la abnegación y la firmeza de sus convicciones, que uno echa tanto de menos ahora, incluso en la llamada “izquierda”.

Leonardo Dopico Vázquez – Exdirixente do PCG

VVAA: Julio Aneiros: la lucha imprescindible. Fuco Buxán Edicións Embora, 2004

Única presa política no cárcere na Coruña

María Ángeles Rivera Torres “Gelines” sindicalista de Pysbe, foi condeada a seis meses de prisión “por agredir con un bolso a la policía”,  foi levada ó cárcere da Coruña, tamén Aneiros e os demais,  por propaganda ilegal…. Era o ano 1968, e  foron caendo todos.

 “No cárcere estaba soa porque era a única presa política” pero sentíuse moi arropada, polos compañeiros, pola familia e polas traballadoras de PYSBE que cada semana iban visitalles e leváranlle comida, paquetes e incluso “un colchón mercado por elas”

BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.

Pedro Morlán: Ascenso e derrota no país da Transición

pedro morlan (4)

Con menos de 20 anos xa fora golpeado, apresado e encarcerado na Coruña dos setenta. Moito sufrimento seguido que pasou factura ao rapaz do instituto de Monelos ( A Coruña) que era poeta e que cría na cultura. El cóntanolo:

A entrada na política

Naceu no 1957  en Oleiros (A Coruña). Incorporouse  ás Xuventudes Comunistas no momento en que o PC impón unha línea de masas para facer accesible o partido a moita xente. Era o ano 1971 e entra oficialmente con Luciano, Juana, Celsa, Abad , os seus compañeiros de clase.

“Entrar nas Xuventudes  abriunos un montón de campos; liamos moitos libros políticos -ainda que era material prohibido-  de Ruedo ibérico, das editoriais de Buenos Aires… Pero tamén moitos textos poéticos de Miguel Hernández, Neruda, Cernuda, Lorca”, recorda. “Eu entrei no partido por Miguel Hernández porque para min era un exemplo en todo”, asegura. Había un batiburrillo entre política e literatura: “A min o que me emocionaba era a poesía. Facíamos tamén moitos actos culturales no instituto”. 

Seguir lendo →

Homenaxe a Celsa Díaz Cabanela

Texto lido por Chuky Trillo na investidura  de Celsa Díaz Cabanela como Republicana de Honra no ano 2019

Cuando se cuenta, se usurpa la memoria de los otros…
Mi memoria o mi nostalgia me han hecho tejer hilos.
Pero no forjar cadenas.
                SIMONE SIGNORET, La nostalgia no es lo que era

“Boa tarde, en primeiro lugar quero agradecer á Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña que pensase en min para presentar a Celsa nesta merecida homenaxe como Republicana de honra.

Boa tarde, Celsa, hoxe tócame falar de ti, o que me produce un pracer enorme.

Amigas e amigos: Celsa pertence a unha xeración que desde unha idade moi temperá asumiu un compromiso, un compromiso coa xustiza, coa liberdade, coa solidariedade e cos Dereitos Humanos. Coñecémonos na entrada do instituto feminino, corría o curso 71-72, eu era  delegada da miña clase e alí apareceron Celsa e Conchi. Conchi ( González) non estudaba (era a filla de Xoaquin “ O Panadeiro” veterano militante comunista), Celsa estudaba en Monelos, a partir  daquel momento o noso compromiso non daría marcha atrás.

A ditadura fascista seguía en pé, a sombría presenza da ultradereita e da policía político social provocaba que calquera modelo de organización tiña que moverse entre as sombras da clandestinidade. Os partidos políticos e as asociacións estaban prohibidos e calquera manifestación popular nas rúas provocaba deseguido a presenza das forzas armadas e en consecuencia  as cargas e detencións policiais.

Seguir lendo →