Pedro Morlán: Ascenso e derrota no país da Transición

pedro morlan (4)

Con menos de 20 anos xa fora golpeado, apresado e encarcerado na Coruña dos setenta. Moito sufrimento seguido que pasou factura ao rapaz do instituto de Monelos ( A Coruña) que era poeta e que cría na cultura. El cóntanolo:

A entrada na política

Naceu no 1957  en Oleiros (A Coruña). Incorporouse  ás Xuventudes Comunistas no momento en que o PC impón unha línea de masas para facer accesible o partido a moita xente. Era o ano 1971 e entra oficialmente con Era o ano 1971 e entra oficialmente con Luciano, Juana, Celsa, Abad ,  os seus compañeiros de clase.

Entrar nas Xuventudes  abriunos un montón de campos; liamos moitos libros políticos -ainda que era material prohibido-  de Ruedo ibérico, das editoriais de Buenos Aires… Pero tamén moitos textos poéticos de Miguel Hernández, Neruda, Cernuda, Lorca”, recorda. “Eu entrei no partido por Miguel Hernández porque para min era un exemplo en todo”, asegura. Había un batiburrillo entre política e literatura: “A min o que me emocionaba era a poesía. Facíamos tamén moitos actos culturales no instituto”. 

A militancia

A militancia absoluta foi unha liberación naquela España negra. Tiñas un grupo que te apoiaba. Non estabas só. Foron uns anos liberadores, foi unha época espléndida”, afirma.

“Faciamos cursos de marxismo. Ás veces ao aire libre. Houbera unha redada cando estabamos nunha reunión nos bancos das merendas do santuario de Fátima”.

 No Partido entraban moitos mozos con ideoloxías ás veces distintas, porque tentaba aglutinar nun só partido todo o proxecto  anti-franquista. Tratábase de sumar forzas para poder tomar acción, e que esta fose efectiva

No momento de entrar tivo que comprometerse radicalmente a un segredo e a unha confidencialidade, co obxectivo de non dar nomes ou conexións no caso, máis que probable, de caer detido

“Desprenderamonos  de todos os documentos íntimos: fotos de grupo, diarios íntimos. Nós quedamos sen a nosa historia por razóns de seguridade”.

 O primeiro acto semiclandestino no que participou foi na igrexa de Oza nun funeral por Amador e Daniel, líderes obreiros mortos pola policía en Ferrol: “Alí asistiamos a un funeral naqueles tempos nos que a igrexa se implicaba en contra da ditadura”.

Comisaría

A primeira  vez que o detiveron foi no ano 1973, despois do asasiñato de Carrero Blanco. Tiña 15 anos e facía 5º curso de Bacharelato. Foron buscalo a casa os “sociais”.

Colleu a gabardina e saíu de inmediato, coa esperanza de non crear unha situación traumática para os seus pais. A súa nai, en cambio, viuno; pero non podo facer nada, non se podía opoñer.

Levárono á Comisaría dos Xardíns da Coruña. Alí permaneceu 72 horas, o tempo máximo permitido. Aquilo era “o territorio dos desmáns”.

Despois de sufríu   interrogatorios e  maltratos durante setenta e dúas horas

Interrogatorios

“Recordo aterrorizado o ruido do ascensor que avisaba de que me viñan buscar.  Os policías intentaban non deixar sinais, usaban porras de goma maciza que provoca hematomas pero días despois, non deixaban marcas; pegaban co puño e coa man e golpeaban con bolígrafos, que entre os dedos abre a carne”.

Buscaban cos golpes a autoinculpación, que se denunciase aos compañeiros co obxectivo de destruir a organización. “Podían interrogar unha, dúas ou catro horas. Podía ser ás doce do mediodía ou as catro da mañán. Golpeáronme moito porque crían que era máis importante do que era.

Tampoco daban nada de comer. 

Despois desta primeira detención entrou no cárcere.

Meu pai veu conmigo. Abrazámonos. Eu dixénlle: polo meu país papá, fágoo, polo meu país”. O seu pai choraba. Perdera á súa irmá, desaparecérona. O seu pai fora perseguido sempre e os seus irmáns marcháronse  a América a vivir un lugar con liberdade.

Polo meu país papá, fágoo, polo meu país”, repetía Pedro.

Cárcere

O cárcere era o paraíso, xa non te mallaban

Foi tres veces, alí estaba acompañado e estaba a súa “xente”.

No cárcere estaba Pillado que era moi boa persoa, Aneiros cunha humanidade impresionante… Recórdoos con gran cariño. Eu era un pipiolo e él con máis de 50 anos e cunha cicatriz dos golpes da policía, Bastida, cunha barbas enormes. Estábamos cos líderes,  facíamos seminarios políticos. Había xente do comités centrales, de LCR,  do PC, sobre todo, tamén  troskistas, algún de MC e nacionalistas como. Tamén había dous tíos de ETA pero non se trataban con nós”, relata. 

O cárcere foi un lugar de encontro con xenta valente e xenerosa. Todo o que era épico ou heróico eran eles: os líderes da clase obreira”. 

Foi detido máis de dez veces: “Cada vez que era 1º de maio levábanme”. 

“Para miña nai foi terrible pero o noso pai comprendeunos  porque entendía que queriamos ser libres”.

Anos despois

Eu era un heroe porque non cantara, e qué? Supúñase que eras importante por iso? E só adestramento? Se alguén cantaba era débil e non che falaban”. Entón toda a dureza das torturas aflora: “Pombo un mal bicho pero El  Asturiano era un sádico”, relata. “Aguantar a tortura convertíate nun líder de masas, nun valente”, lembra.

O máis importante é o apoio exterior: “Cada vez que iamos ao cárcere púñanse en folga todos os institutos”.

“Pasei de patito feo a cisne”. E desvela todo o horror pasado de neno. Un neno que sufría os insultos doutros nenos. “A miña puberdade foi infernal, tachábanme de marica, caíame o pelo, estaba cheo de nervios…E de súpeto convertinme nun heroe”.

E volveu caer: no partido deciden que outros sexan dirixentes. Pedro deixou o pelo longo e tiña as súas propias regras. O partido decidía e el non se deixaba. “E convertinme nun vagabundo: non podía ser estudante, tiña antedecentes penais…Eu era un mozo prometedor e  convertinme nunha pantasma”.

El entregárase en corpo e alma pero deixou o partido en 1977, cando se legalizou. Pedro tiña 20 anos e non tiña nada máis. “No 23 -F non se preocuparon por min, xa non era deles”, relata.

Despois veu o SIDA e . “Descubrín a merda de cidade que me tocou vivir. Isto foi un lugar de tortura desde entón”.

Pedro colabora co proxecto milhomes e dá charlas polos centros educativos sobre os dereitos dos homosexuais.

pedro morlan (3)

Pedro vive da súa arte. Non pudo estudar, traballou da súa pintura pero nunca  pudo pagar autónomos. “Agora vénme a vellez e teño medo, fun idealista e deixeino todo, pero creo que non fun máis que un monicreque. Debuxaron a miña vida, co derrotado quedaron os meus pais”.

… e Franco morreu na cama.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s