Pilar Sánchez e Ermitas Pena

pilara sanchez dona de manuel pena camino e a filla Ermitas.jpg

Ermitas Pena nace no ano 1934 e con dous anos xa lle deteñen ó pai, Manuel Pena Camino, que foi condeado a cadea perpetua por unha acción contra o ferrocarril[i].

A mai Pilar Sánchez Vázquez,  deixa a nena e ó outro fillo, Constantino, coa familia na aldea de Castro en Cuntis e marcha  a Santiago a servir para estar perto do seu home. Mentres, ve como executan a Calvelo, a Manuel mándano ó cárcere de Coruña. Pilar marcha a Coruña,  e traballa de cociñeira e coidando os nenos dunha familia  propietaria da carnicería “La Santiaguesa” na plaza de España,  isto permitíalle levar comida a Manuel.

Manuel vive as penalidades do cárcere pero sae no ano 1940 con “certa preparación”  – xa que alí estudaban-  e  traen xunto a eles a súa nena Ermitas. Instálanse nunha casa no  campo de Artilleria. A nena pode estar co seu pai que empezou a traballar vendendo queixos e ovos nas feiras. Pouco tempo pasou con el a nena,  porque enseguida vaino buscar a Garda Civil.  Grazas ós veciños que indicaron que estaba fóra, puido salvarse. Esa mesma mañan  a muller  Pilar envolve nun chal á nena e marchan á praza de España para coller Manuel  o autobús da feira,  e para non volver nunca. “Prefiro morrer que volver ó carcere” -dixera Manuel antes de marchar-  e alá marchou ó monte.

E  incorporouse á guerrilla de Benigno Andrade “Foucellas”, Freijo e Ponte, na IV Agrupación Guerrilleira de Galicia.

A familia con todo  ía velo á aldea, tamén a Curtis á casa veciña da que,  xunto a estación do tren, tiña a muller do Benigno Andrade “Foucellas” – a de “Pedro de Porco”- tamén  víanse en Betanzos e alí ía Ermitas coa mai, mesmo a lugares do monte: nunha xesteira, ou xunto a un río

-E se nos collen aquí ? – desesperada- dicía a muller Pilar

– Se nos collen aquí morremos xuntos-  recorda Ermitas que decía o seu pai  Manuel

Seguir lendo

Manuel Pena Camino, guerrilleiro!

xesteira-2Natural de Castro, concello de Mesía, dunha familia de labradores vai traballar a unha serrería, e faise colaborador do partido comunista. Foi detido e xuzgado xunto con Manuel Calvelo López, Isabel Ríos  Lezcano, Eduardo Sánchez Lago e Manuel  Sánchez Ayerbe. Tres deles condeados a pena de morte, executada no caso de médico Calvelo e ingresados no cárcere de Santiago no ano 1936.

Seguir lendo

Avelino Rivas Pombo, antifascista!

avelino rivas pombo foto.jpg“Natural de Corme (Ponteceso), Avelino naceu en 1916. En 1936 estaba solteiro e tiña a profesión de xornaleiro. Durante a guerra civil española incorporouse á 1ª Compañía do 4º Batallón, na 1ª Brigada Mixta Lister, ademais de loitar no Batallón de Milicias Populares Galegas, do Exército republicano. Así mesmo, estivo subscrito á revista Nova Galicia, portavoz dos antifascistas galegos. Coa derrota do II República, Avelino refuxiaríase en Francia.

En agosto de 1939 permanecía ingresado no campo de concentración de Argelés; posteriormente regresou a España, onde traballou na construción naval nas bancadas dos estaleiros ferroláns.

A principios do 1945, Rivas Pombo tiña afiliación comunista e o domicilio na Coruña, rúa San Roque de afora, 25, baixo, aínda que no mes de maio de 1945 residiu transitoriamente na fonda O Catro Vilas Ourensás, sita na coruñesa rúa de San Andrés, número 21.

Declarado antifascista, entre 1944 e 1945 exerceu de ligazón da guerrilla antifranquista. Neste último ano, Francisco Caridad Mateo e José Gómez Gayoso, alcumado como Juan, enviados polo PCE, hospedáronse na Coruña, rúa Pontenova, 5 baixo, vivenda na que residía Abel García Sánchez, sendo este último detido pola policía o 11 de maio de 1945, xunto con Eduardo Sánchez Lago, propietario do Bar Luz, de Vereda del Polvorín, 2, e de Avelino Rivas Pombo, acusados de actividades subversivas contra o Réxime franquista.

Edelmiro (alcume de Rivas Pombo) e os seus compañeiros de infortunio foron torturados e encarcerados o 17 de maio na Prisión Provincial coruñesa. Polas declaracións dos detidos, a Policía franquista apresaría a José Blanco Núñez, Ferreirín, Manolito Bello, José Soto Pombo e ao primo irmán de Avelino, Francisco Cousillas Pombo, aínda que Rivas sería posto en liberdade o día 19 de xuño seguinte sen cargos.

Seguir lendo