Manuel Pena Camino, guerrilleiro!

xesteira-2Natural de Castro, concello de Mesía, dunha familia de labradores vai traballar a unha serrería, e faise colaborador do partido comunista. Foi detido e xuzgado xunto con Manuel Calvelo López, Isabel Ríos  Lezcano, Eduardo Sánchez Lago e Manuel  Sánchez Ayerbe. Tres deles condeados a pena de morte, executada no caso de médico Calvelo e ingresados no cárcere de Santiago no ano 1936.

A muller de Pena Camino, Pilar Sánchez Vázquez,  deixa os fillos coa familia na aldea e marcha  a Santiago a servir para estar cerca do seu home. Despois marcha a Coruña, de novo  e traballa de cociñeira cunha familia o que lle  permítelle poder levarlle comida a Manuel.

img_20161118_182126

Manuel vive as penalidades do cárcere pero sae no ano 1940.

Ós poucos meses  volve buscalo   a Guardia Civil , pode escapar e daquela marcha ó monte.

E  incorporárase á guerrilla de Benigno Andrade “Foucellas”, Freijo ou Ponte.

A familia ía velo á aldea, a Curtis, a casas de apoios e de parentes, e incluso en lugares do monte, nunha xesteira, ou xunto a un río nos primeiros meses.

Pero pouco despois, veñen buscar  á súa muller e a desterran –  tamén á muller de Benigno Andrade-.

No ano 1949 Manuel foi morto nunha batida da Garda Civil xunto ós seus compañeiros Vicente Peña Tarrasa e  José Manuel Castelo Mosquera, Carmen Temprano Salorio e Manuela Teiga.

As familias seguiron sufrindo penalidades.

A ( ARMH) Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e a solicitude das familias  procedeu o día 24 de outubre do 2016 á recuperación dos restos enterrados na fosa común do adro de Paramos (Val do Dubra). O 28 de xulio de 2018 foron entregados os seu resto nun acto celebrado o 28 de xulio en Bembibre (Val do Dubra)

 

 

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s