Triste carta dun pai

Andrés García Ferreiro, abogado e secretario do concello de Vimianzo, no pudo evitar a súa persecución e foi condeado en  consello de guerra. De nada valeron ás súplicas e a declaración da súa inocencia. Foi fusilado 15 de marzo de 1937.

Esta carta é un testamento de amor ó seu fillo.

Scan0008.jpg

Lectura da carta pola neta Beatriz García Trillo no acto celebrado en marzo de 2019 na casa museo Casares Quiroga de A Coruña dentro das actividades de “Habitar a palabra” organizado pola ARMH e “Memoria do cárcere”.

Catro mulleres: Beatriz, Juana, Mercedes e Palmira

As persoas son a estela que detrás de si deixan

Queremos lembrar a catro donas: nais, esposas, republicanas e xenerosas.

BEATRIZ

No puede creer el que suscribe que se inmole,  al amparo de un fallo judicial dado por consecuencia de un sumario instruido con notoria pasión,  a un padre de familia con tres hijos de 9, 8 y 7 años que los dejará en el mayor desamparo ya que a pesar de haber trabajado toda la vida y de haber tenido una vida modesta y ordenada no alcanzó la dicha de ver asegurado su porvenir, única ilusión de su vida

Extracto da defensa realizada por Andrés García Ferreiro.

Andrés García Ferreiro era secretario do Concello de Vimianzo, pertençía a  Unión Republicana, foi encarcerado na prisión da Coruña  e fusilado no ano 1937 por “auxilio a la rebelión”.

Os seus nenos chamábanse Asunción, Julio e Andrés. A súa muller Beatriz González Villar quedou viúva, soa, e coas contas do banco embargadas. A muller do abogado, tivo que porse a traballar e vender roupa polas feiras  “cos nenos ao cargo e a comida na fiambreira”, “pero os meus fillos  sempre dignos e guapos”.

Despois sobreviviu cun pequeno almacén de patacas na rúa do Orzán, onde  tamén vendía caixas de sidra. Os fillos foron  superando as dificultades a pesar de que de nenos tiñan que soportar os insultos por ser fillos de rojo. A nai Beatriz axudóulles sempre a mirar cara adiante.

A súa neta  Bea descríbea como “mandona e riquiña” pero “cun burato negro de pena da que non se podía librar” e  sempre perplexa ante a vida que, sen ter por que,  lle tocou vivir.

Seguir lendo

Andrés García Ferreiro

img322

“No puede creer el que suscribe que se inmole al amparo de un fallo judicial dado por consecuencia de un sumario instruido con notoria pasión a un padre de familia con tres hijos de 9,8 y 7 años que los dejará en el mayor desamparo ya que a pesar de haber trabajado toda la vida y de haber tenido una vida modesta y ordenada no alcanzó la dicha de ver asegurada su porvenir, única ilusión de su vida”.

Extracto da defensa realizada por el na causa do 23 de Octubre de 1936

Naceu na Coruña na praza de María Pita, estudou en Santiago a carreira de Dereito como o seu pai e o seu abó que eran notarios, rematada la carreira vai a Manzaneda (Ourense) destinado como secretario do Concello, despois vai a  Lugo onde se establece como avogado e despois é nomeado secretario de concello de Ortigueira en 1932.

Era activo republicano e pertencía á masonería.

En marzo de 1936 Andrés García Ferreiro é chamado a Vimianzo coa nova corporación municipal republicana de tendencia azañista, e   tal como nos conta Luís Lamela no seu libro Crónica dunha represión en la costa da Morte, fora destituído o secretario do anterior concello por fraudes reiterados e é nomeado Andrés García Ferreiro.

Entre outros cambios, no municipio iníciase o expediente de expropiación do castelo, chamado Torres de Martelo, antiga demanda local.

Co alzamento en armas dos militares, en todos os municipios creáronse os comités de defensa da República. En Vimianzo estivo formado polos irmáns Andrés e José Alborés Gándara (alcalde de Vimianzo), o propio Andrés García Ferreiro, Alejandro García Lema e Francisco Lamela Reino.

Seguir lendo