As persoas son a estela que detrás de si deixan
Queremos lembrar a catro donas: nais, esposas, republicanas e xenerosas.
BEATRIZ
No puede creer el que suscribe que se inmole, al amparo de un fallo judicial dado por consecuencia de un sumario instruido con notoria pasión, a un padre de familia con tres hijos de 9, 8 y 7 años que los dejará en el mayor desamparo ya que a pesar de haber trabajado toda la vida y de haber tenido una vida modesta y ordenada no alcanzó la dicha de ver asegurado su porvenir, única ilusión de su vida
Extracto da defensa realizada por Andrés García Ferreiro.
Andrés García Ferreiro era secretario do Concello de Vimianzo, pertençía a Unión Republicana, foi encarcerado na prisión da Coruña e fusilado no ano 1937 por “auxilio a la rebelión”.
Os seus nenos chamábanse Asunción, Julio e Andrés. A súa muller Beatriz González Villar quedou viúva, soa, e coas contas do banco embargadas. A muller do abogado, tivo que porse a traballar e vender roupa polas feiras “cos nenos ao cargo e a comida na fiambreira”, “pero os meus fillos sempre dignos e guapos”.
Despois sobreviviu cun pequeno almacén de patacas na rúa do Orzán, onde tamén vendía caixas de sidra. Os fillos foron superando as dificultades a pesar de que de nenos tiñan que soportar os insultos por ser fillos de rojo. A nai Beatriz axudóulles sempre a mirar cara adiante.
A súa neta Bea descríbea como “mandona e riquiña” pero “cun burato negro de pena da que non se podía librar” e sempre perplexa ante a vida que, sen ter por que, lle tocou vivir.
Seguir lendo →
Debe estar conectado para enviar un comentario.