Entrando no cárcere

“A experiencia foi moi dura, non tiña a conciencia nin a a formación política doutros presos como Julio Aneiros, Pillado ou Amor que eran líderes curtidos. Eu non era do PC e non tiña ese apoio”

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

realizado a partir de: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.

.

Rafael Bárez, avogacía e compromiso.

rafa-barez-foto-de-xoan-pinonAvogado laboralista de CCOO en Ferrol

Militante no PC na clandestinidade e na democracia. Concelleiro de Urbanismo polo PC de Galicia nas primeiras eleccións democráticas.

Detido en numerosas ocasións durante a súa vida de estudante en Santiago.

Detido a raíz dos sucesos de marzo de 1972 en Ferrol e e encarceado na prisión coruñesa durante nove meses .

“…Quisiera darte, niño

un futuro sin rejas, sin cadenas,

sin puertas, sin cerrojos,

sin muros y sin verjas…”

(Poemas del 10 de Marzo)

Rafael Bárez naceu no ano 1945 en Sigrás (A Coruña), nunha España que acababa de saír da guerra civil, aillada internacionalmente, que intentaba recuperarse económicamente cun réxime autárquico e cun goberno basado no “orden, unidade e aguantar”

Os seus estudos de bacharelato realizaríaos en Lugo onde tivo como profesor a Xesús Alonso Montero que pronto descubriría nel a súa vena política e intelectual.

En Compostela, onde cursaría estudos de Dereito, comezará pronto a tomar contacto co mundo cultural da cidade, a través dos cine-clubes, das tertulias literarias, das representacións teatrais, da nova canción galega…

Serán anos decisivos na organización da resistencia estudantil ao réxime franquista. O curso académico 1966/67 será considerado como o espertar da Universidade Galega e no marzo do 68 a Universidade Compostelana protagonizará o encerro de tres días de máis de mil estudantes na sede central da Universidade de Santiago. Tempo de asambleas multitudinarias, protestas, folgas ilimitadas e novos encerros, algúns xa en solidariedade coa loita obreira, como o que se faría na Catedral de Santiago en 1970 e no que participa activamente Rafael Bárez, xa integrado no Sindicato de Estudantes como representante da Facultade de Dereito.

Antes de acabar a carreira de dereito Rafael Bárez xa formará parte do Partido Comunista (PC) da man de Vicente Álvarez Areces , militancia política que non lle sairía gratis naqueles tempos: sancións académicas, económicas, desterros…

img_20151104_151936Rematados os seus estudos universitarios comezará outra carreira profesional non menos apaixonante. De cheo mergúllase no Ferrol máis combativo do movemento obreiro no ano 1970. Asume o cargo de responsable do Comité Local do Partido Comunista de Galicia ( PCG ) e empeza a traballar como avogado laboralista pese a non gustarlle especialmente esa rama do dereito.

A conflitividade sociolaboral daqueles anos desembocaría nos tráxicos sucesos do 10 de marzo de 1972. A implicación de Bárez neses anos co movemento obreiro foi máxima e sería a causa da súa detención xunto aos principais dirixentes do PC e das CC.OO. da provincia de A Coruña.

Despois de tres días sufrindo interrogatorios -obrigado a permanecer de pe, sen descansar nin un só minuto durante máis de cincuenta horas ata caer desfalecido- ingresa na prisión provincial de A Coruña durante nove meses. Neste tempo no cárcere comparte espazo con moitos dos seus vellos camaradas de loita.

A “comuna” montada entre os presos políticos fará máis levadeiro ese tempo de incertidume sobre o seu futuro, nela que  estaban Loureiro Lugrís, Bohome, Pillado ou Álvarez Areces.  O xadrez, a poesía -escribiu “Versos de la  cárcel”-, a pintura -autorizáronlle a ter un pequeno trípode na cela- ou o teatro,  ocuparían boa parte dese tempo de reclusión.

Seguir lendo

Xesús Díaz, o sindicalista preso.

Suso 1Solidariedade e compromiso

Xesús Díaz nacido no 1944 en Ferrol é un sindicalista histórico, foi un dos moitos que cumpliu cadea no 1972 despois dos sucesos do 10 de marzo en Ferrol.

Entrou a traballar en Astano no ano 1958 á idade de 14 anos como aprendiz no departamento de construcción de buques. No ano 1964 ingresou na oficina de métodos na que se mantivo ata a súa xubilación. Está casado e ten tres fillos.

Foi detido por primeira vez en 1970 cando tiña 26 anos. Foi acusado polo TOP (Tribunal de Orde Público) de pertencer ao sindicato CCOO. A amnistía para librar do cárcere aos implicados no escándalo de MATESA (un fraude que acendeu a miles de millóns de pesetas) favoreceu a todos os acusados de CCOO. As peticións de prisión foran de dous meses e os xuízos foron sobreseídos.

FERROL

De novo foi apresado no ano 1972 a consecuencia dos sucesos do 10 de marzo na Bazán de Ferrol, onde a policía matou a dous traballadores -Amador e Daniel- e feriu a máis de cincuenta. Os obreiros pedían melloras nas condicións de traballo. Os traballadores de Bazán ían cara Astano a pedir solidariedade. Despois dos feitos, a represión foi moi grande sendo detidos decenas de traballadores e cidadáns.

Seguir lendo

Entrando no cárcere

cárcel.jpg

“A experiencia foi moi dura, non tiña a conciencia nin a a formación política doutros presos como Julio Aneiros, Pillado ou Amor que eran líderes curtidos. Eu non era do PC e non tiña ese apoio

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

de:BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..

Loita pola libertade dos presos

“Empecei a traballar con quince anos nunha compañía auxiliar de ASTANO. Tíñamos moitos conflictos laborais, porque se traballaba con elementos de moita toxicidade.. Políticamente as consignas estaban moi definidas e os obxectivos estaban claros, pero antes tivemos que empaparnos de cultura e de formación política . Polo que máis loitabamos era pola libertade de Pillado, Amor e Riobo( lideres sindicais de CCOO presos)”

Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos

De: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.