O golpe de Estado na Coruña: O horror

Con realismo, o investigador Luís Lamela amosa a desfeita vivida na cidade

“Vou morrer coa fronte ergueita e tranquila conciencia, cal corresponde a un home honrado”… (Francisco Prego Campos, fusilado el 31 de agosto de 1936).

O conxunto formado pola Prisión Provincial, Punta Herminia e o Campo da Rata foi a partir de xullo de 1.936 unha xeografía de terror inmenso. Inauguráronse os macabros fusilamentos polos militares sublevados coas autoridades gubernativas da Segunda República na Coruña. Isto é, axustizando o 24 de xullo ao novo gobernador civil, Francisco Pérez Carballo, ao comandante e ao capitán das forzas de Asalto, Manuel Quesada del Pino e Gonzalo Tejero Langarita.

Despois, tocoulle a quenda a moitos máis republicanos, socialistas, galeguistas, anarcosindicalistas, ugetistas, comunistas, masóns…, fusilamentos que formaron parte durante moito tempo da paisaxe da zona da Torre de Hércules.

Precisamente, logo de recibirse un telegrama oficial da Xunta de Defensa Nacional, de Burgos, dirixido ao Xeneral da Oitava División Orgánica, na Coruña, dando o seu “enterado” da sentenza recaída no consello de guerra seguido contra as autoridades municipais da cidade, o 31 de agosto foron fusilados o propio alcalde, Alfredo Suárez Ferrín, de Unión Republicana; o deputado nacional Manuel Guzmán García, de Izquierda Republicana, Ramón Maseda Reinante, presidente da Agrupación Local Socialista coruñesa; Joaquín Martín Martínez, secretario municipal; Francisco Prego Campos, funcionario municipal e Francisco Mazariegos Martínez, funcionario do Banco Pastor e sindicalista, salvándose da quéima o funcionario Leovigildo Taboada Alvarellos e o libreiro Xosé María Eirís aos que lles conmutaron a pena de morte pola de cadea perpetua.

Toda unha macabra ilusión.

Leovigildo Taboada e Xosé María Eirís foron “paseados” pola Garda Civil no Campo da Rata o 12 de xaneiro seguinte. Unha Garda Civil que transitaban entón sen rubor algún –auxiliados eficazmente por falanxistas e por compoñentes dos Caballeros de La Coruña- polos escabrosos sumidoiros do novo Estado franquista, daquel réxime que deixou sen dereitos a media cidade e a media España.

Seguir lendo

poema “No ano 48”

NO ANO 48.
No cárcere da Coruña aínda se oen berros xordos
que reclaman a memoria e a dignidade do pobo.
Os patriotas galegos erguéronse coma lobos
por iso ecoan no vento as súas voces sen acougo.
Naquelas sombras de pedra, daquela prisión do loito
na cela número catro, consumíase Gaioso.
Escribíalle á familia: “nin sequera un triste choro,
nin un só abatemento, diante destes cans rabiosos”.
Tamén lembraba Seoane, na primeira galería
a catro heroicas mulleres que se xogaban a vida.

Seguir lendo

Palmira e Mariquiña

Pequena reflexión sobre a vida de Palmira muller de Villaverde e nai de Mariquiña.

villaverde-e-palmira

 

-“¡Villaverde, así, con la cabeza bien alta!”

Eso escoitara Mariquiña paseando pola rúa Real a un antigo compañeiro de cárcere do seu difunto pai

Pasou moito tempo desde que mataran ó seu “papaito”, José Villaverde Velo. líder anarcosindicalista. Durante todo ese tiempo a familia vivíu sen ocultarse.

Quizás eso lles axudou: o seguir crendo nos ideais de xusticia e libertade que tiña o seu pai .Convicción que también compartían os tíos e “abuelito”, e a mai Palmira.

Porque José Villaverde pudo terse librado. Mentras estaba no cárcere. Ofrecénronlle afiliarse a Falanxe. Tería salvado a vida, e as fillas poderían ter disfrutado del. Dixo non.

Morreu paseado ós poucos días, o 25 de setembro de 1936.

Siempre viviran na rúa Marconi.

En casa discutían moito, sempre de política, de temas sindicales tanto o abó como os tíos. Joaquín, o abó, visitóu moitas voltas o castelo de San Antón. Foi apresado varias veces.

Durante estos anos trinta, chegara a Coruña un coñecido libertario, José Villaverde Velo, a traballar na construcción do ferrocarril.

É nomeado o secretario xeral da FLO. No sindicato ademáis das tarefas sindicais tamén facían actividades culturais. Villaverde galán fai a escea do sofá con Palmira a filla de Joaquín Otero. Parece que aí empezou a historia de amor. Villaverde e Palmira Otero casan no 1933. Marchan vivir á rúa Hércules, perto do campo de Marte. Eran felices.

Montou unha librería e seguía dando conferencias por toda España, tamén no Ateneo de Madrid e no teatro Rosalía, era no acto de homenaxe á muller, alí dixo: “Vosotras, las trabajadoras le habéis perdido el miedo al patrón pero aun no le habéis perdido el miedo a Dios”.

Á saída dixéronlle que fuxira.

Seguir lendo