Entradas e saidas do cárcere

Outro golpe importante foi o consello de guerra contra os compañeiros  Manuel  Amor  Deus, Xosé M. Riobó, Francisco Fernández  Filgueiras, Bernardo Bastida, Ángel Porto Feal, Xosé Cabado, Ramiro  Romero e Joé Xulio Miraz, a principios de novembro de 1972. Tratábase dunha basta montaxe que buscaba seguir implicando ás forzas armadas na represión dos traballadores e da cidadanía en xeral. O que non lograran nos primeiros momentos daqueles acontecementos, lográbano agora.

Un mes despois, chegabn á prisión da Coruña, procedentes da prisión militar de Caranza, Amor, Riobó, Bastida e Porto. Neste momento ainda permanecían Torregrosa, Bárez..etc pero pouco tempo, connosco: a contagotas, a Comuna ía perdendo membros. Bárez saíu a finales do vran; a Loureiro e Torregrosa concedeuselles a liberdade provisional o o 22 de  decembro .

Ese ano despediríamolo os que quedábamos Julio Aneiros, Pedro Bonome, Manuel Amor, José María Riobo, Bernardo Bastida e eu, cunha cea espacial traída da casa. Pola velocidade a que viñan a miña nai e a miña muller para que a tivésemos a punto, seríalles imposta unha multa.

Antes, celebráramos unha comida cos nenos, non só os fillos dos presos, senón que estivemos acompañados polos doutros compañeiros xa postos en liberdade”

Rafael Pillado: Latexos de Vida e de Conciencia. Ed. Fuxo Buxan, Ferrol, 2012

Xente que había no cárcere

No ano 1973 Leonardo Dopico foi detido pola Brigada Político Social en Ferrol e ingresou no cárcere da Coruña, alí reencontrouse con Bernado Bastida, o vello Loureiro, Rafa Pillado e Julio Aneiros. “estabamos en celas individuais pero como Julio Aneiros sufría mareos, secuelas do balazo no pulmón,  pedímoslle  ó director  que nos deixase meter outra cama para que non estivese só e accedeu. A inmensa maioría de presos eran do Partido Comunista(PC). Tamén había un do Movemento Comunista (MC) e dous estudiantes de Ferrol de Liga Comunista Revolucionaria (LCR). A monotonía do cárcere paliábase coas informacións que Rafael Pillado conseguía a través dunha pequena radio, escoitando a Radio Pirenaica. O avogado laboralista Rafael Bárez tamén os informaba dos acontecementos cando ía visitarlles, e en ocasións, os avogados pasaban documentos nunha carteira de doble fondo”.

Leonardo Dopico Vázquez. Responsable político do PC en ASTANO, preso no 73 na Coruña.

BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012..