Esperando na cela de castigo

DSCF2540 blanco e negro si

Conta Camilo de Dios a súa estadía no cárcere da Coruña na cela de castigo e á espera da condea.

Fixéronme o consello de guerra estando no cárcere da Coruña. A min pedíronme petición fiscal a pena de morte; as dúas penas de morte pedíanllas a Antonio (Pérez Barreiro) porque era maior de dezaoito ano, pero eu era menor e só me pediron unha. Foron moi humanos.

Cando entras no cárcere, unha persoa cunha condena, é segredo de sumario. Non podes recibir visitas, nin podes escribir nin podes recibir correspondencia. Botas tres meses aislado, nunha celda que non da ao exterior, que non ten ventás e che acenden a luz un pouquiño pola noite, outro pouquiño á mañá e outro pouquiño ao mediodía para que comas dez minutos, e danche auga. Neses dez minutos tes que comer, lavar o prato e despois lavarte tu no prato porque non tes outro sitio. Nas celdas de aislamento, neses tres meses, non hai duchas nin nada. Despois si. O día que nos sacan da celda, envolvemos o petate: unha colchoneta, unha manta. Pos a manta tendida, fanche dobrar a colchoneta, atar as catro puntas e metes os zapatos, os calcetíns e toda a roupiña que teñas. Atas as catro puntas da manta con toda a roupa, colles a manta ás costas deica a nave de desinfección. Deixas quedar a colchoneta e tu volves desnudo para a celda. Á noite vas buscar aquelo… Un olor que non se para, porque claro, aquelo é tóxico, o vapor co que o desinfectaban. Despois pasamos a unha nave onde estaban os outros presos ata que veu o xuíz.

Seguir lendo

Camilo De Dios

O último guerrilleiro. Un referente de vida e de loita contra as inxustizas.

recorte camilo de dios cando era novo

Desde que estalla o golpe de estado marcha ao monte e únese á guerrilla. En 1949 foi apresado e torturado. Sometido a Consello de Guerra na Coruña, foi condeado a morte e conmutóuselle a pena a trinta años por ser menor de idade.

Ingresa no cárcere da Coruña en maio de 1949. E segue un periplo polas cadeas de España: Palencia, penal de Dueso en Santander, Santoña, Palencia, Segovia, Carbanchel, Alcalá, Madrid, hospital penintenciario de Cuéllar e de novo a Madrid ó penal de Yeserías onde foi excarcerado o 11 de maio de 1959. Pasou dez anos de penalidades nas prisións franquistas.

Seguir lendo