Esperando na cela de castigo

DSCF2540 blanco e negro si

Conta Camilo de Dios a súa estadía no cárcere da Coruña na cela de castigo e á espera da condea.

Fixéronme o consello de guerra estando no cárcere da Coruña. A min pedíronme petición fiscal a pena de morte; as dúas penas de morte pedíanllas a Antonio (Pérez Barreiro) porque era maior de dezaoito ano, pero eu era menor e só me pediron unha. Foron moi humanos.

Cando entras no cárcere, unha persoa cunha condena, é segredo de sumario. Non podes recibir visitas, nin podes escribir nin podes recibir correspondencia. Botas tres meses aislado, nunha celda que non da ao exterior, que non ten ventás e che acenden a luz un pouquiño pola noite, outro pouquiño á mañá e outro pouquiño ao mediodía para que comas dez minutos, e danche auga. Neses dez minutos tes que comer, lavar o prato e despois lavarte tu no prato porque non tes outro sitio. Nas celdas de aislamento, neses tres meses, non hai duchas nin nada. Despois si. O día que nos sacan da celda, envolvemos o petate: unha colchoneta, unha manta. Pos a manta tendida, fanche dobrar a colchoneta, atar as catro puntas e metes os zapatos, os calcetíns e toda a roupiña que teñas. Atas as catro puntas da manta con toda a roupa, colles a manta ás costas deica a nave de desinfección. Deixas quedar a colchoneta e tu volves desnudo para a celda. Á noite vas buscar aquelo… Un olor que non se para, porque claro, aquelo é tóxico, o vapor co que o desinfectaban. Despois pasamos a unha nave onde estaban os outros presos ata que veu o xuíz.

Un día estabamos no patio e chámanos, a min e a Antonio, ao locutorio do xuíces. Veu un funcionario, lévanos ao locutorio e alí hai un comandante que se presenta, o comandante Bernal Santamaría,  o comandante xuiz da causa. Causa 16749.  E un tal sarxento Corchuelos, Cabezas Corchuelos, que era secretario relator da mesma causa. Saúdannos, dannos a man e comunícannos que estamos procesados e que a petición fiscal era de pena de morte, que debíamos buscar un avogado. Avogados nós podíamos coñecer algún, pero dixéronnos que de civil nada, que tiña que ser militar. Como non coñecíamos ningún avogado militar, eles mesmos nos nomearon un, e aceptamos os dous o mesmo. Un tal José María Lage Vizoso, un capitán de artillería que non era avogado, pero bueno, facía de avogado. Unha boa persoa que nos deu un abrazo cando nos conmutaron a pena de morte. Eu notei que se alegraba porque nos abrazou con cariño. O único que fixo na defensa foi pedir clemencia. Nós lle dixemos que pedira xustiza pero pediu clemencia. E si decía outra cousa tamén mandábano sentar. Presidía o General Moro Miciano, que era capitán general entonces da oitava rexión. Presidía o consello de guerra que foi no cuartel de infantería Isabel a católica, alí na Coruña, ao final da calle da Torre. Esta última vez que estiven na Coruña estaba alí Millán Astray. A estatua de Millán Astray diante do cuartel. E así foi. Fomos ao consello de guerra tres meses despois e quedamos aislado xa aquel día ata que veu a conmutación da pena de morte de Madrid, que foi o día 10 de febreiro do 50. “Su excelencia, el Jefe del Estado, acuerda conmutar la pena de muerte por la imperior en grado”, no meu caso, “habida cuenta de su minoría de edad y con motivo del congreso eucarístico celebrado en Barcelona…”. Non foi nada deso. Foi gracias aos países sudamericanos e algúns europeos que comezaron a facer campaña en contra do réxime de Franco, que quería entrar no concerto de nacións e non o admitían. O réxime estaba condeado. Unha das cousas que lle dicían era que tiña menores de idade condeados a morte. Entonces conmutou a pena de morte para entrar non concerto de nacións.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s