Máis fusilamentos

Luís Costa  no seu libro  ” Pola libertade. a loita antifranquista de Luís Costa“, lembra os fusilamentos: ese día, 11 de xulio de 1937, foron fusilados ás 5 da mañán no campo da rata , entre eles Luís Rufilanchas  e once compañeiros mais  como os que o agocharan , o médico Manuel Fernández López e o dramaturgo Xenaro Ruano

“Os berros e os vivas recomenzaron. Foron varios os asasinados aquela noite.

Debía estar saindo do cárcere porque se sentían os motores dos coches. Dentro duns momentos todo remataría para eles: a loita, a guerra, tiranía…

E, ó cabo serían libres, sí, libres porque xa non serían.

O día comenzaba a abrir. Os paxariños rechouchiaban no patio, onde os presos  botaran unha migallas de pan. A natureza sguía inmutabe o seu curso. Que importa a morte se precisamente por ela que hai vida!(…..)

 

O Ave César dos nosos mártires ía dirixido á República , á liberdade, á democracia. No último minuto, o seu pensamento fora dirixido cara un infinito de amor, de tolerancia, de liberdade.

(…) aquela mañá non se escoitou un rumor de voces a que seguía ó toque de diana. Os presos non falaban . O silencio era a millor homena que lles podían ofrecer  ós seus compañeiros sacrificados.”

Fermoso poema de Lope de Vega, escrito cando estaba preso

AUSENCIA

Ir y quedarse, y con quedar partirse,
partir sin alma, y ir con alma ajena,
oír la dulce voz de una sirena
y no poder del árbol desasirse;

arder como la vela y consumirse
haciendo torres sobre tierna arena;
caer de un cielo, y ser demonio en pena,
y de serlo jamás arrepentirse;

hablar entre las mudas soledades,
pedir prestada, sobre fe, paciencia,
y lo que es temporal llamar eterno;

creer sospechas y negar verdades,
es lo que llaman en el mundo ausencia,
fuego en el alma y en la vida infierno.

Lope de Vega
(1562-1635)

http://librosytal.blogspot.com/2015/11/ir-y-quedarse-y-con-quedar-partirse.html

 

Noiteboa

 

pau.jpg

Cóntanos Luís Costa preso no ano 1937:

“Cando chegou a Noiteboa  había comunicacións extraordinarias e os paquetes entraban en cantidade dende moi cedo. Recibimos dez paquetes cos remites falsos porque non coñecíamos ningún nome. Ademáis nin un só dos novecentos presos quería quedar sen mandarnos algo.

Na cea, o ordenanza tróuxonos un termo de Edreira, que cheiraba máis a coñac que a café. Ceamos en silencio. A nosa imaxinación levávanos aos nosos fogares.”

Juan García Durán . Pola libertade, a loita antifanquista de Luis Costa

Esperando na cela de castigo

DSCF2540 blanco e negro si

Conta Camilo de Dios a súa estadía no cárcere da Coruña na cela de castigo e á espera da condea.

Fixéronme o consello de guerra estando no cárcere da Coruña. A min pedíronme petición fiscal a pena de morte; as dúas penas de morte pedíanllas a Antonio (Pérez Barreiro) porque era maior de dezaoito ano, pero eu era menor e só me pediron unha. Foron moi humanos.

Cando entras no cárcere, unha persoa cunha condena, é segredo de sumario. Non podes recibir visitas, nin podes escribir nin podes recibir correspondencia. Botas tres meses aislado, nunha celda que non da ao exterior, que non ten ventás e che acenden a luz un pouquiño pola noite, outro pouquiño á mañá e outro pouquiño ao mediodía para que comas dez minutos, e danche auga. Neses dez minutos tes que comer, lavar o prato e despois lavarte tu no prato porque non tes outro sitio. Nas celdas de aislamento, neses tres meses, non hai duchas nin nada. Despois si. O día que nos sacan da celda, envolvemos o petate: unha colchoneta, unha manta. Pos a manta tendida, fanche dobrar a colchoneta, atar as catro puntas e metes os zapatos, os calcetíns e toda a roupiña que teñas. Atas as catro puntas da manta con toda a roupa, colles a manta ás costas deica a nave de desinfección. Deixas quedar a colchoneta e tu volves desnudo para a celda. Á noite vas buscar aquelo… Un olor que non se para, porque claro, aquelo é tóxico, o vapor co que o desinfectaban. Despois pasamos a unha nave onde estaban os outros presos ata que veu o xuíz.

Seguir lendo

O Concello da Coruña presenta a Oficina de atención ás vítimas da represión

 

“A Coruña conta  cunha Oficina de atención e asesoramento ás vítimas do franquismo e a represión. Localizada na Casa Museo Casares Quiroga, este novo recurso municipal a prol da xustiza e a reparación nace, ademais de co impulso do actual goberno local, da man da Universidade da Coruña (UDC) e a propia sociedade civil coruñesa, que durante décadas traballou con este obxectivo a través das entidades memorísticas. Así o destacou o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, que hoxe presidiu o acto de inauguración deste espazo, xunto ao concelleiro de Culturas, José Manuel Sande. O rexedor manifestou que esta oficina, a primeira destas características que existe en Galicia, bota a andar en base a un convenio asinado entre o Concello e a universidade polo que a administración local contribuirá a financiar, cunha achega anual de 40.000 euros, a nova Cátedra Institucional de Memoria Histórica da UDC. Esta xirará en torno a tres eixos: a apertura da Oficina de Atención ás Vítimas, a investigación a través dun equipo formado por persoal docente e investigador e a divulgación dos resultados deste traballo. Seguir lendo

Condea de cárcere en 1972

Haber participado destacadamente en las reuniones y concentraciones que dieron lugar a la situación conflictiva de Bazán e desempeñar la jefatura de uno de los comandos que alteraban el orden y de participar en pintadas con letreros subversivos, resisitiendose a los fucionarios de policía que lo detuvieron en 1970, fecha en que fue puesto a disposición judicial (..) adquiriendo una señalada personalidad de agitador, todo lo que revela una personalidad manifiesta contra  el orden público y una sensible amenaza para la pacífica convivencia”

Condea de multa e cárcere a Xosé María Loureiro Fernández, preso no 1972 con 19 anos

De: BLANCO CARBALLO, Antonio e BUSTABAD HERMIDA, Lorena: Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2011.

Novo retrato de Jordi Tell: Leandro Carré Alvarellos

uxio carre aldao retrato de Jordi Tell

Neste retrato, móstrasenos a Leandro Carré Alvarellos , fillo de Uxío Carré Aldao e pai de Leandro Carré Brandariz.  Da Coruña, foi escritor, traballou na librería do seu pai  e despois foi redactor de varias revistas na: Vida Gallega e Tierra gallega .Dirixíu os grupos de teatro dos coros Cántigas da Terra e Saudades e a  Escola Dramática Galega,  fundou a Editoria Lar e foi membro da Real Academia Galega.

Na adicatoria fala da indignación. Non sabemos porqué será.

Na cadea calquera razón podía ser.

(retrato cedido polo seu neto João Carré dos Reis)