
Elvira Bao Maceiras, foi presa no cárcere da Coruña polo seu activismo cultural e ser membro das Irmandades de Fala.
“Desenvolveu a súa actividade docente na Escola de Redes e nas Colonias Escolares do Sanatorio Marítimo de Oza desde 1920 até 1936, ano en que foi nomeada directora. No ámbito político, foi unha activa militante do galeguismo e do republicanismo. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña, sendo Secretaria da súa Xunta Directiva en 1918.
Elvira Bao foi membro da Agrupación Republicana Femenina da Coruña desde a súa constitución en 1933 e foi presidenta da primeira Xunta Directiva, integrada por outras destacadas republicanas como Amparo López Jean. O seu nome é recollido no semanario A Nosa Terra como intervinte en mitins do Partido Galeguista. Xunto ao seu home Bernardino Varela Docampo editaron o primeiro libro de Contos pra nenos, cun texto de autoría de Vicente Risco e ilustracións de Álvaro Cebreiro.
Como consecuencia do seu activismo político, logo do golpe de estado de 1936, pasou uns meses no cárcere e foi separada definitivamente do ensino público.”
Fonte. A Coruña da mulleres, ACAV
Debe estar conectado para enviar un comentario.