
O martes 26 de Abril presentouse na casa museo Casares Quiroga en A Coruña a conferencia titulada “Arquitectura no cárcere”, organizada pola ARMH ( Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica) e PC ( Proxecto Cárcere) co a colaboración da ETSA ( Escola técnica Superior de Arquitectura)
Presentou o acto : José Lado (Proxecto cárcere)
Participaron:
Xosé Lois Martínez, arquitecto ( ETSA): República, arquitectura e cidade, un proxecto interrumpido
Carmen Garcia-Rodeja, profesora (ARMH): Jordi Tell e os compañeiros no seu paso polo cárcere da Coruña
Gemma Domènech, historiadora da arte ( ICRPC) : Jordi Tell arquitecto , a modernidade na Coruña, unha vida apaixoante.
A obra de Jordi Tell, a casa Cervigón, supuxo un dos hitos na modernidade en Galicia e non seguramente ben valorada. Autores como él mesmo ou José Caridad Mateo, foron uns exemplos desa arquitectura e dese concepto de nova aruitecrua que foi esmagada pola dictadura.
No cárcere da Coruña había todo tipo de presos entre eles un grupo de catalanes detidos pola GESTAPO en Berlín e e que chegaron en Abril de 1937 Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón. Diferentes vidas e traxectorias son testemuñas do sucedido no cárcere.
Seguir lendo →
Debe estar conectado para enviar un comentario.