O faro iluminando a noite dos presos

En abril do 1937 chegou un grupo de cataláns ó carcere da Coruña. Eran: Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón.Un deles, Jaume Gascón describe nas súas memorias o arrepio das  luces do faro á noite.

torrehercules1

«El far no el vèiem, però el sabíem prop en tota la seva bellesa i virtut, perquè els seus raigs travessaven les tenebres com un cometa intermitent, tant en les nits calmes com en les de tempesta.

Quan al vespre un guardià malhumorat que ens havia sentit cantar ens apagava el llum de la cel·la, miràvem cap a la finestra, i aquells raigs els vèiem de sobte brillant pel cel com emergint del mar infinit, i llavors ja ens sentíem ben acompanyats, perquè, enmig de la barbàrie llavors present d’aqueIla colla de brètols, aquelles llampades eren com les ullades d’un monstre, sí, però d’un monstre amic que ens orientava millor que l’estrella polar que ni podíem saber on raïa.

Si encara ja mig adormits dirigíem els ulls cap al cel, i el vèiem tot fosc, ens sentíem un moment terriblement com nens sols, perduts i cecs en la vall obscura de la vida que era la nostra cel·la.

Però ben aviat ens tornava a la vida aquell feix de tentacles lluminosos que ens amanyagava com un miracle, un miracle que sempre més ha format part dels meus records de la cella 17» 

«O faro non o viamos, pero sabiámolo preto en toda a súa beleza e virtude, porque os seus raios atravesaban as tebras como un cometa intermitente, tanto nas noites calmas como nas de tormenta.
Cando á noitiña un gardián malhumorado que nos sentia cantar apagábanos a luz da cela, mirabamos cara á fiestra, e aqueles raios viámoslles de repente brillantes polo ceo como emerxendo do mar infinto, e entón xa nos sentiamos ben acompañados, porque, no medio da barbarie entón presente por aquela pandilla de canallas, aqueles resplandores eran como as miradas dun monstro, si, pero dun monstruo amigo que nos orientaba mellor que a estrela polar que nin podiamos saber onde lucía.
 Si aínda, xa medio durmidos, dirixíamos os ollos cara ao ceo, e viámolo todo escuro, sentiámonos un momento como nenos terriblemente sós, perdidos e cegos no val escuro da vida que era nosa cela.
Pero ben pronto nos volvía á vida aquel feixe de tentáculos luminosos que nos acariñaban como un milagre, un milagre que sempre formou parte dos meus recordos da cela 17.”

Jaume GASCÓN RODÀ: Memories d’un periodista català. Olot. Institut de Cultura de la Ciutat d’Olot, Olot 2oo6 ( No libro de Gemma Domenech. Tell: el llop solitari de lèxili catalá. Ed Dux, Barcelona 20015)

One thought on “O faro iluminando a noite dos presos

  1. Espléndido. Noraboa polo faro. Aínda está ahi… É a Ilustración.

    Enviado desde mi iPhone

    > El 24 abr 2016, a las 21:04, Memoria do cárcere A Coruña escribió: > > >

    Gústame

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s