Pedro Morlán: Ascenso e derrota no país da Transición

pedro morlan (4)

Con menos de 20 anos xa fora golpeado, apresado e encarcerado na Coruña dos setenta. Moito sufrimento seguido que pasou factura ao rapaz do instituto de Monelos ( A Coruña) que era poeta e que cría na cultura. El cóntanolo:

A entrada na política

Naceu no 1957  en Oleiros (A Coruña). Incorporouse  ás Xuventudes Comunistas no momento en que o PC impón unha línea de masas para facer accesible o partido a moita xente. Era o ano 1971 e entra oficialmente con Luciano, Juana, Celsa, Abad , os seus compañeiros de clase.

Entrar nas Xuventudes  abriunos un montón de campos; liamos moitos libros políticos -ainda que era material prohibido-  de Ruedo ibérico, das editoriais de Buenos Aires… Pero tamén moitos textos poéticos de Miguel Hernández, Neruda, Cernuda, Lorca”, recorda. “Eu entrei no partido por Miguel Hernández porque para min era un exemplo en todo”, asegura. Había un batiburrillo entre política e literatura: “A min o que me emocionaba era a poesía. Facíamos tamén moitos actos culturales no instituto”. 

Seguir lendo

O Concello da Coruña presenta a Oficina de atención ás vítimas da represión

 

“A Coruña conta  cunha Oficina de atención e asesoramento ás vítimas do franquismo e a represión. Localizada na Casa Museo Casares Quiroga, este novo recurso municipal a prol da xustiza e a reparación nace, ademais de co impulso do actual goberno local, da man da Universidade da Coruña (UDC) e a propia sociedade civil coruñesa, que durante décadas traballou con este obxectivo a través das entidades memorísticas. Así o destacou o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, que hoxe presidiu o acto de inauguración deste espazo, xunto ao concelleiro de Culturas, José Manuel Sande. O rexedor manifestou que esta oficina, a primeira destas características que existe en Galicia, bota a andar en base a un convenio asinado entre o Concello e a universidade polo que a administración local contribuirá a financiar, cunha achega anual de 40.000 euros, a nova Cátedra Institucional de Memoria Histórica da UDC. Esta xirará en torno a tres eixos: a apertura da Oficina de Atención ás Vítimas, a investigación a través dun equipo formado por persoal docente e investigador e a divulgación dos resultados deste traballo. Seguir lendo

Celsa Díaz Cabanela, o idealismo!

celsa anos setentaMenor e idealista, tamén estivo no cárcere.

Celsa foi expedientada, detida e encarcerada en dúas ocasións, nos  anos 1974 e 1975. Tiña 16 anos.

Estudante de bacharelato

Celsa era alumna do Instituto de Monelos. Tiña 15 anos e estudaba quinto de Bacharelato e organizaban actividades culturais: teatro, concertos de música…. Era a maneira de concienciar ós compañeiros. Tamén promovían protestas. Un día de 1972 chegoulle a noticia de que fora expedientada. Era, polo visto, subversiva e foi expulsada do instituto. Xunto a ela tamén tiveron que marchar Luciano e Pedro, que se matricularon no Instituto Masculino, Juana que pasou ao Instituto Femenino e ela mesma  Celsa, que tivo que matricularse no instituto de Zalaeta. Eran membros das Xuventudes Comunistas. Por todas partes había células para realizar traballos de concienciación: nos centros educativos, nas fábricas, nas asociacións de veciños ou nas agrupacións culturais.
No Instituto de Zalaeta non tivo a colaboración do profesorado que tivera en Monelos. O alumnado que estaba interesado en organizar actividades tiña que buscar lugares fóra do centro escolar. Nos locais da parroquia era onde podían xuntarse.

Neses meses Celsa foi detida máis de sete veces e a dinámica sempre era a mesma: era arrestada pola policía e unha vez levada á comisaría era incomunicada 72 horas, que era o máximo permitido pola ley. A comisaría da Coruña estaba onde está hoxe, xunto os xardíns de Méndez Núñez. O calabozo era un lugar desanxelado e inhóspito onde o terror aumentaba polo silencio e a incomunicación. A manta era húmida e facía moito frío. Celsa recorda ese frio e o picor do áspero cobertor. A comida era unha especie de caldo que viña nun balde e que ela recorda non habelo podido comer nunca. E a escuridade.

Seguir lendo