O alcalde de Coruña: o home a quen non querían matar
Eran as catro da tarde do martes 21 de agosto de 1936 cando os militares o detiveron no seu propio domicilio, no número 27 de Riego de Agua. Pasou os seus últimos días no cárcere ata que se celebrou o xuízo, os días 26 e 27 de agosto, que o condenaría a pena de morte.
Agardando un indulto que nunca chegaría, foi fusilado o 31 de agosto no Campo da Rata. Os soldados decidiron errar o seu tiro ante tal horror; foi o tenente do pelotón militar quen tivo que disparar.