Doumental sobre a aboa presa en Lugo

Novo podcast de Nuria López

Queremos presentarvos ‘Alén dos silencios’, o último documental da creadora luguesa Carmen P.G. Granxeiro. Un traballo moi persoal que arrinca na historia da súa avoa, que sendo unha meniña de meses estivo no Vello Cárcere de Lugo cando seus pais estaban presos. Unha obra coa que pretende rachar os silencios, presentes en moitas familias, durante os tres anos de guerra e os case 40 de ditadura.

“O silencio foi unha ferramenta que empregaron moitas persoas para manter con vida os seres queridos e a si mesmes”, explica Carmen. Podes escoitala no capítulo 39 de ‘A ferida aberta no 36’.

🎧 Ou na nosa canle de Youtube

Ver menos

Cárcere en Betanzos

A periodista Nuria López conta da prisión de Betanzos

En Betanzos funcionou tamén unha prisión habilitada de mulleres. Sábese que no ano 1940 alí estiveron encerradas 67 internas. Agás a dirixente comunista, Isabel Ríos, e un par de mulleres condenadas por axudar a fuxidos, a maioría eran presas comúns, procesadas por practicar abortos, por estraperlistas ou por exercer a prostitución.

Cóntao o historiador Xesús Torres Regueiro no capítulo 39 de ‘A ferida aberta no 36’.

Podes escoitar a entrevista completa na nosa canle de youtube

Ver menos

Ámote anarquista, poema de Claudio Rodriguez Fer

Fermoso poema de Claudoi Rodriguez Fer onde louba a loita heroica das mulleres da Atochas da Coruña: “Borráronas da historia e non obstante /setenta anos despois hai quen as ama./ Sardiñas para elas e unha libra de cereixas /vermellas como a súa primavera libertaria”

Ámote anarquista

Con abraio crían ás veces

que chegaría a xistir

a utopía libertaria

e ás vece s crían que non,

aínda con máis abraio…

Era entón a Galicia anarquista

unhas cantas vivendas obreiras

com o mapoulas moi abertas

nos barrios proletarios das Atochas,

unha casoupa clandestina en Cea

sobre as raíces do fento dentabrú,

unhas humildes moradas campesiñas

con liques de Badiña ou de Marselle,

onde non había moito que comer,

mais tampouco poder.

Seguir lendo →

Coplas pra las guitarras españolas de hoy

Rafael Alberti homenaxea neste poema aos guerrilleiros que tanto sufriron e, ademais que tan pouco se lles ten recoñecido.

Ao final incorpórase unha versión musicas de Daniel Viglieti

La caja de mi guitarra
no es caja, que es calabozo,
penal donde pena España.

Las paredes de la cárcel
son de madera, madera,
de donde no sale nadie.

Las cuerdas son los barrotes,
la ventanita de hierro
por donde pasan mis voces.

Y las clavijas, ¿qué son
sino las llaves que aprietan
la luz de mi corazón?

Seguir lendo →

Manuela del Arcos Palacios a presa que estivo mais tempo en prisión .

“El 20 de enero de 2006 fallece Manuela del Arcos Palacios, “Manolita del Arco”, la mujer que pasó más tiempo, de forma ininterrumpida, encarcelada por el franquismo, 19 años.

Desde joven, mientras estudio el bachillerato se incorporo a la Fundación Universitaria Escolar, al Socorro Rojo Internacional y a la Agrupación Mujeres Antifascistas.

Al entrar los sublevados a Madrid y sabiéndose perseguida decide trasladarse al País Vasco, ella era natural de Bilbao permaneciendo huida durante un año y medio. Detenida en La Coruña es trasladada a la cárcel de Ventas, desde ese momento, empieza a pasar por un carrusel de cárceles por toda España.

Seguir lendo →

Maruxa Seixas, muller valente

Maruxa Seijas tiña once anos cando estourou a guerra. Os fascistas executaron a un tío seu e a súa tía levárona presa, igual que a un dos seus irmáns. Outro, estivo agochado tras a fuxida frustrada do Portiño. Maruxa, nomeada Republicana de Honra na Coruña, contounos a súa historia no capítulo 8 de ‘A ferida aberta no 36’. Neste documental sonoro Nuria López recolle a súA historia.

#guerracivil#franquismo#represion#crmh#aferidaabertano36

“Philoctetes”

en Percival e outras historias de  X.L. Méndez Ferrín

Na introdución á Poesía enteira de Heriberto Bens Anxo Angueira escribe “Un ano máis tarde [está a falar de 1970], e por causa dun lema (“Liberdade para Galicia”) pegado por toda a nación, Ferrín sofre o seu primeiro paso pola cadea, mundo que terá decisivas implicacións na súa literatura pero que presaxiaba incribelmente o relato titulado Philoctetes, incluido en Percival.

“Nokao, contista, recibíu unha formidábel i estraña carta, que deixóu o seu ánimo en sos­penso. Leuna por terceira vegada, agora en outa vós, dando, por veces, chuchadelas ao cachimbo. Decía:

“Sr. Nokao.

Distinguido Sr.: Ha dispensar, antes de cousa ningunha, a ousadía de me dirixir a vostede. Eu de ningún xeito querería roubarlle o seu prezado tempo. Pro hai unha poderosa razón: o meu enorme agradecemento. O desexo de pór iste no seu coñecemento é o ouxetivo dista carta. Pra que vostede comprenda todo (vostede comprenderao todo, vostede é un contista) voulle dar unhas cantas novas de min.

Seguir lendo →

“El franquismo en España (I): vida y muerte de los presos y represaliados de la Guerra Civil y la dictadura”

“La historia de España durante el franquismo es, principalmente, la de sus presos. Recordamos a qué tipo de torturas y trabajos forzados fueron sometidos cientos de miles de personas solo por pensar diferente.”

Pablo Juárez | Nacho del Río 01 mar 2019

“No, Franco no creó la Seguridad Social. Tampoco introdujo a España en la ONU, ni inventó las vacaciones pagadas. No le debemos la preservación del patrimonio cultural e histórico, legado de milenios. Ni siquiera fue el rey de los pantanos. Todas las falacias que impulsó el régimen durante los años de posguerra y hasta el tardofranquismo, que por desgracia aún perdura en nuestros días, fueron parte del despliegue propagandístico que la dictadura usó como arma para inocular en la población que el 1 de abril de 1939 ganó la ‘España buena’. Esto es, la que se preocupaba de verdad por el bienestar de un país en constante declive y que poco más tenía que perder ya.

Precisamente, si la Guerra Civil acabó ‘oficialmente’ el 1 de abril de 1939, no fue así para Franco. El dictador continuaba obsesionado con lo que él mismo llamaba la tiranía del comunismo, y no mutó su pensamiento ni en sus últimos días de vida. A decir verdad, esta idea le venía de perlas: los republicanos venían de autodestruirse en los últimos meses de la contienda; especialmente, tras las violentas jornadas de mayo del 37, cuando los anarquistas y los comunistas del POUM, partidarios de hacer la revolución durante la guerra, se enfrentaron a los defensores del sistema establecido, a los nacionalistas catalanes, a los estalinistas del PCE y al PSUC, dejando cerca de un millar de muertos en Cataluña.

Seguir lendo →

poemiña do preso Camilo

gorrion

Estracto dun poemiña do preso Camilo de Dios, escrito cando no ano 1949 estaba na cella no cárcere da Coruña  illado e condeado a morte:  Claro, non tiña que facer, e bueno, tiña un lápiz, tiña un lápiz e unha libreta e ía facendo e… versos, nin eran versos nin eran nada, era o que se me ocurría  a min, das miñas añoranzas como labrador.

Canta, paxariño, canta

o teu cantar xa está libre,

con teu himno á libertade,

fixeches un gran amigo,

e mañán cando aquí voltes,

dareiche migas de trigo,

pra sellar esta amistade

e aprender de ti a ser libre,

xa que os homes non podemos.

Canta, paxariño, canta,

o teu himno a libertade,

cantar quixera contigo.

Camilo de Dios