Nacido en Rentería (Guipúzcoa) en 1878, casado con Carmen Cadavid Díaz, despois adicouse ó comercio . Era amigo de Casares Quiroga e foi diputado a Cortes por Izquierda Republicana nas eleccións de febreiro de 1936. Foi detido xunto a Francisco Prego, o dia 27 de Xullo, logo de pasar varios días escondidos en casa dunha amiga, desde que abandoaran o goberno civil no momento de comenzar o tiroteo contra os golpistas, o día 20 de xullo. Foron arrestados e ingresaron na Prision Provincial en réxime de incomunicación total ata o primeiro de agosto, dia no que pasaron ó réxime normal.
Foi xuzgado en consello de guerra o 26 e 27 de agosto xunto con alcalde da Coruña Alfredo Suárez Ferrín , o secretario do concello Joaquín Martín Martínez , o secretario de goberno civil Leovigildo Taboada e os líderes socialista Ramón Maseda, Prego e outros catro coruñeses, todos eles acusados de rebelion militar. Foron condeados e executados en Punta Herminia o 31 de agosto de 1936. Tiña 58 anos.