Alfredo Suárez Ferrín

O alcalde de Coruña:  o home a quen non querían matar

suarez-ferrinEran as catro da tarde do martes 21  de agosto de 1936 cando os militares o detiveron no seu propio domicilio, no número 27 de Riego de Agua. Pasou os seus últimos días no cárcere ata que se celebrou o xuízo, os días 26 e 27 de agosto, que o condenaría a pena de morte.

Agardando un indulto que nunca chegaría, foi fusilado o 31 de agosto no Campo da Rata. Os soldados decidiron errar o seu tiro ante tal horror;  foi o tenente do pelotón militar quen tivo que disparar.

Alfredo Suárez Ferrín fora investido alcalde da Coruña, por primeira vez,  o 4 de xaneiro de 1934. Era concelleiro do Partido Republicano Radical-Socialista desde as eleccións municipais do 12 de abril de 1931 coa proclamación da Segunda República. A súa primeira etapa na alcaldía durou nove meses. Co triunfo do Partido Radical e Alejandro Lerroux como xefe de goberno, abandonou o cargo por decisión gobernativa. Foi un membro destacado de Unión Republicana desde a súa creación, en setembro de 1934, e participou como vogal da liga de Dereitos do Home e como socio do Casino Republicano, ademais de asiduo a mitins e conferencias en centros republicanos coruñeses.

O 16 de febreiro de 1936, coa vitoria do Frente Popular, foi de novo elixido alcalde da Coruña. Foron as últimas eleccións democráticas antes do golpe de Estado que acabaría na guerra civil co seu fusilamento. Sufriron a misma sorte: o deputado Manuel Guzmán, o funcionario municipal Francisco Prego, o secretario do concello  Joaquín Martín Martínez e os líderes del PSOE, Ramón Maseda e Francisco Mazariegos.

O  alcalde democrático tiña 54 anos. O seu corpo descansa no cemiterio de San Amaro.

discurso do alcalde Xulio Ferreiro en homenaxe a Suárez Ferrín

discurso do neto Alfredo Suárez