Natural de Ribadeo (Lugo), naceu o 29 de abril de 1880, casado con Esperanza García Iglesias. Era Oficial do ministerio da Mariña, estaba retirado nos días do levantamento golpista.
Era unha figura senlleira do socialismo coruñés, foi fundador do partido socialista en A Coruña, e un gran loitador social, foi promotor do Campo de Marte actual e un importante núcleo de vivendas populares ao seu arredor
Toda aquela zona, na que vivía o propio Maseda, estaba habitada por xentes populares e eminentemente socialistas.
En 1934 foi presidente da sociedade “La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento”, centro cultural ao que a policia acusaba de ser unha sociedade anarquista revolucionaria filial de Germinal. Foi tamén secretario da Liga Española de Derechos del Hombre
En abril de 1936 foi elixido compromisario do PSOE para a elección do novo Presidente de la República (Manuel Azaña).
Detido o 20 de xullo de 1936 no Goberno Civil, ingresou, logo de pasar polo Cuartel de Infantería de Atocha, na Prisión Provincial en réxime de incomunicación que duraría ata o primero de agosto.
Foi xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Exectutado o 31 de Agosto de 1936.
One thought on “Ramón Maseda Reinante”