Novo local para ocio

“No patio, baixo a enfermería, primerio cedéusenos un local provisto  de servicios de baño e unha sala de mesas para comer. Coa chegada de novos presos, foise ampliando a sús utilización , até ter toda a planta adedicada a sala de lectura e xogos, despensa,cociña e comedor. Do mesmo xeito as celas nas que empezamos estando dun en un, acabamos de tres en tres. O obxectivo da prisión era claro. Ofrecernos certas “comodidades” para que nos mantiveramos entretidos e non transladásemos ao resto da prisión un clima reivindicativo que podería estenderse como a pólvora. Entre reixas , existe sempre unha soterrada sensación de inminente estalido de conflictos”

Rafael Pillado: Latexos de Vida e de Conciencia. Ed. Fuxo Buxan, Ferrol, 2012

O calabozo

 

clabozo.jpg“Cando cheguei a porta do calabozo que me cadrou en sorte, rexistráronme como si viñera de fóra; non me deixaron ren, nin reloxio, lápis, papel, ren de re; eu daquela non tiña tabaco no meu poder porque tiven que deixar o vicio por necesidade; a colchoneta, a manta, o plato, a culler tamén ficaron afora. Entrei soio e pareceume que mesmo entraba nun pozo;  cerrouse a porta e somentes tiña de compañeira a máis completa oscuridade; alí non había ren, nin cadeira, nin poio, nin catre, ren de res; soio as catro paredes, o teito e o chan,  todo de cemento frío e húmedo; nun curruncho estaba a taza do retrete, máis non había auga. Quixen orientarme i escomencei a camiñar, mási axiña tropecei coas paredes. O cabouco tería pouco máis de dous metros de longo por un  e medio de ancho; 

Seguir lendo

cronoloxía do cárcere da Coruña

1317669724_extras_ladillos_1_0.jpg

FONTE:  https://antiguaprisionprovincialcoruna.wordpress.com/cronologia/

1894 Discurso del alcalde Carlos Martínez Esparís sobre la necesidad de una nueva cárcel

1895 Expediente de gestión de presupuesto para la nueva cárcel

1903 El alcalde Luís Argudín Bolivar propone la cesión de terrenos en el Campo de Marte

1924 Correspondencia entre el Alcalde Victoriano Suazes y el General Muslera sobre la conversión del Castillo de San Antón en cárcel provisional. Juan Álvarez de Mendoza, arquitecto del ministerio de Gracia y Juaticia, establece la imposibilidad de conectar el castillo con tierra dentro del presupuesto (100.000 ptas concedidas por el presidente del directorio militar a a cambio de solares para el Ministerio de Guerra)
Finalmente se decide optar por uns terrenos lindantes con la carretera de circunvalación en las inmediaciones de la Torre de Hércules

1925 Colocación primera piedra

CRONOLOGIA CARCEL CORUÑA.png

Seguir lendo

Entrada no cárcere

Cárcel-y-torre (1)

“Cuando entré en la cárcel de La Coruña, me pareció un edificio enorme, inacabable. Al salir, justo frente a la puerta exterior, me volví para contemplar el hall de acceso. Me pareció, de repente, muy pequeño, como si se hubiese sumido y resumido… Después de nueve meses, aquel monstruo a punto de parirme al espacio exterior, me mostraba su vientre convertido en un bucle, mitad obsceno, mitad imaginario, incluso inofensivo en su enanismo, perdido en el espacio y en el tiempo…”

José Torregrosa

No patio

Os ruidos das pisadas do camiñar paseniño, con zocos e madreñas ouvíase como si arrastráramos cadeas; eu pensaba que os espritos de outros presos que por alí pasaban iban na nosa compaña co andar silandeiro e blasfemias apagadas nos seus hirtos beizos. Nós eramos os esclavos irredentos coa rebeldía maguada sufrindo un ultraxe inútil.. que nos roía por dentro afondando a espranza dun mañán incerto

Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil. 1985. Edicións do Castro. Sada.

Descripción do cárcere

 

 

 

 

 

 

 

 

A prisión da Coruña dispuña de catro patios, separados por unas galerías repletas de celas no baixo e no primiero piso, en froma de cruz. O que quedaba á esquerda , segundo se entraba, correspondía ás mulleres, totalmente illado das instalaciós para homes , ainda que as lendas carcelarias falaban  de visitas de certos personaxes privilexiados ( funcionarios e presos clase A)  a ese enclave. O da esquerda, no interior,era o lugar onde se achaba a barberías e outras dependencias auxiliares.

No da dereita interior, deambulando todo o día, amontoábanse os presos común. O único que se lles ofrecía naquel recinto para integrase na sociedade, consistía en dar voltas e mási voltas , sen outro quefacer que malcomer, realizr xogos de azar e recibir “cursiños acelerados” para circular con éxito  pola senda do delito e pucas cousas máis.

E para rematar, o patio da dereita segundo se entra, en cuxas dependendencia a nivel do primiero piso, estaba instalada a enfermería. Este patio era o asignado ós presos políticos.”

Rafael Pillado: Latexos de Vida e de Conciencia. Ed. Fuxo Buxan, Ferrol, 2012