Morte de Manolito Bello

“O feito máis terrible que tivo lugar no cárcere da Coruña mentres eu estiven presa foi cando mataron a garrote vil a Manolito Bello.( 1 xulio 1946) Foi horrible. Horrible! Meteron os ferros do garrote no cárcere, todos sentimos como os colocaban…. Foi ao amencer. Despois diso, ninguén quixo saír da celda en todo o día.”

Testemuño de Emilia Patiño recollida por Fernando Vidal Collazo en Pontedeume agosto de 2006.

Morte inxusta de Manolito Bello, entrevista realizada a Emilia Patiño

Emilia Patiño era viuda do filósofo, pensador e escritor Carlos Gurméndez (falecido en 1994). Fai uns poucos anos, antes do seu falecemento, mantivese unha entrevista con ela e a súa filla Yolanda na súa casa de Madrid. Queriamos falar sobre Manolito Bello.

Emilia sempre tivo unha inquietude e mantivo un sentimento de gran tristeza por él. Nunca chegou a coñecelo, pero si coincidiu con el no  terrible momento que o executaron a garrote vil no cárcere de Coruña.  Recoñece que ese  11 de xulio de 1946 foi  unha das peores noites da súa vida.

Esa noite, Emilia contaba 25 anos, aos presos non os deixaron saír das celas, a comida metíanlla dentro e o silencio era aterrador. Ela sabía que detiveran a Manolito porque no cárcere había dúas mulleres, unha moi maior e a outra funcionaria de prisións e entre o que estas dúas mulleres contábanlles e que Emilia -debido a problemas de saúde-  atopábase na enfermería, podía acceder a unha maior información que o resto das presas. Ademais, as carceleiras xogaban con certa ambigüedad por temor a que a República volvera instaurarse.

A ejecución foi no patio do cárcere e Emilia reafírmase ó dicir que Manolito era inocente de ter matado a Arcadio Vilela ( activo participante do grupo de Caballeros de La Coruña) que isto o afirmaría ante calquera xuíz, maxistrado, notario ou o que fose. E, que ademais, no propio xuízo díxose que as balas que mataran a Vilela eran da propia Garda Civil. E así está recollido na sentenza que se atopa no arquivo.

Chuqui Trillo

(entrevista realizada no 2010)