
Na barbería do cárcere

Documento de liberdade condicional con data de 16 de agosto de 1947 otorgada a a Juan Castiñeiras Galán, Manuel Vázquez Sampayo, Arturo Moreno Torres, José Domingo Lliso, Manuel Gantes Barreiro, Porfirio Fernández Dopico e César Leopoldo Fraguela (causa 298- 47 A Coruña).
Indultado despois de morto
Ficha penitenciaria (p01 p02 p03 p04) de Benito López e López, barbeiro, veciño de Ribadeo que entra na prisión provincial de Lugo o 30 de setembro de 1936 , procesado en Octubro dese mesmo ano e condeado a prisión perpetua.
Foi conducido ó penal coruñés o 20 de marzo de 1937 onde falece vítima da tuberculosis o 20 de marzo de 1940.
Tres anos despois O 23 de febrero de 1943 inscríbese no documento a conmutación da pena.
“Libertad, Independencia, República” consta no cartel propagandístico do ERG ( Exército Guerrilleiro de Galicia) adxunto á causa xudicial contra Manuel Pena Camino
dil
Velaiquí a sentencia pola que se condea a Manuel Pena Camino a cadena perpetua por unha acción na vía do tren para impedir o paso das forzas do exército franquista. Tamén foron condeados a cadena perpetua Eduardo Sánchez Lago e a pena de morte Manuel Calvelo , Isabel Rios ( conmutada o día anterior) e Manuel Sánchez Ayerbe.
Unha vez que saían do cárcere, os presos eran sometidos a un control exhaustivo, estaban fóra do cárcere pero no eran libres, como neste caso o expreso Xosé Queiruga Allegue.
“Haber participado destacadamente en las reuniones y concentraciones que dieron lugar a la situación conflictiva de Bazán e desempeñar la jefatura de uno de los comandos que alteraban el orden y de participar en pintadas con letreros subversivos, resisitiendose a los fucionarios de policía que lo detuvieron en 1970, fecha en que fue puesto a disposición judicial (..) adquiriendo una señalada personalidad de agitador, todo lo que revela una personalidad manifiesta contra el orden público y una sensible amenaza para la pacífica convivencia”
Condea de multa e cárcere a Xosé María Loureiro Fernández, preso no 1972 con 19 anos
José Villaverde Velo era o importante dirixente da Confederación Rexional Galaica, nacido en Santiago en 1894 foi residir a Coruña e participou en numerosos actos, congresos e reunións nacionais da CNT. Co golpe de estado foi detido o 4 de agosto de 1936 e levado á prisión provincial.
Despois de cuarenta días foi requerido para un “translado” e sabendo que significaba ser levado a un lugar para ser asesiñado, entregou a un guardia da prisión as súas pertenzas para seran entregadas á súa querida esposa Palmira.
O corpo destrozado de José Villaverde apareceu o 24 de septembre nun lugar de Oseira , no municipio de Arteixo (A Coruña).
A familia sempre conservou eses recordos.
Interesante noticia de ABC ( 2 novembro de 1936) sobre a represión na Coruña. No apartado titulado “En Asturias y Galicia”
Debe estar conectado para enviar un comentario.