Xosé Queiruga Allegue, mariñeiro e cenetista

album-abuelos-jose-maruja-021c

Era mariñeiro de Porto do Son. En 1931, como outros moitos mariñeiros galegos, escomeza a traballar en Pesquerías e Secaderos de Bacalao de España (PYSBE), no porto de Pasaia. Inmediatamente logo de ter coñecemento do golpe militar, o mesmo 18 de xullo de 1936, malia estar recentemente operado dunha hernia e aínda con puntos, pide a alta voluntaria no hospital San José de San Sebastián para ir á fronte e defender á República loitando coa CNT, sindicato ao que se afiliara anos atrás en Porto do Son.

A principios de agosto de 1936, estando no  frente de Bilbao, o Lehendakari Aguirre mostra recelos hacia a CNT polo que Xosé Queiruga decide incorporarse ó frente republicano de Asturias en setembro de 1936 ata que cae en octubre de 1937. Foi  agochado en Xixón pero detido xunto a nove máis en xaneiro de 1938 cando intentaba fuxir en barco á zona republicana: Alfredo López Rodríguez, Bernardo Rodríguez Rubio, Julio Fernández López, Raimundo Vigil Alonso, Modesto Lamelas Martínez Pérez, Manuel Reiris Servia e  Antonio Santamaría Cancio.

Foi  torturado e xuzgado no  Ferrol e condeado por  “rebelión militar”.

album-abuelos-jose-maruja-015e

Durante un tempo estivo  no penal asturiano de Cerillero.

Ingresou no cárcere de A Coruña no ano 1938 onde estivo preso ata novembre de 1942, tras varias reduccions de pena.

Compartíu cárcere cos seus paisanos de Porto do Son, o médico Juan González , o maestro Antonio Conde Asperot, Manuel Maneiro, José Mariño,  o teniente alcalde Andrés Abeijón e Xerardo Díaz. Siempre estivo moi agradecido a maestros e catedráticos encarcelados, gracias ós que poido seguir formándose e culturizarse.

Tamén estaba no penal o seu irmán Francisco Queiruga Allegue, condeado por non querer ir pelexar nas filas de Franco.

Mentras,  no Porto do Son o seu pai Xosé Queiruga Carou “Cascante” era aldraxado e zorrado; unha volta foi obrigado a ir en procesión desnudo cun cartel que poñía :”Muera Rusia, Arriba España” xunto cos veciños Juan Vidal “Cachola”, Salustiano Abeijón “Mouján” e José Ramón Sieira;  o delito debía ser que estivera en Estado Unidos e denunciaba as inxusticias que se cometían cos nenos mariñeiros, además de terse negado a regalar o seu peixe a membros da falanxe.Tamén á nai Carmen Allegue Pérez foi vítima de represalias e tivo que fuxir ó monte a raparan e lle deran aceite de ricino.

Xosé Queiruga Allegue solía dicir que xamais perdoaría o que lle fixeran ós eu pai, nai e irmán.  Él ”apostara todo a unha baralla”, pola defensa do goberno establecido, pero os seus  familiares xamais merecieron os castigos que padeceron. Sempre creu que o seu pai morrera de pena por ter os dous  fillos encarcelados.

album-abuelos-jose-maruja-011b-copia

 

Tras salir do  cárcere, Xosé Queiruga volta a Porto do Son, donde cada quince días, debe personarse no cuartel da garda civil. Casa con Ana María “Maruxa” Fernández García, también natural da vila, que servirá na  Coruña mientras él estaba no  cárcere, para poder estar cerca de él e  levarlle comida ó penal. En 1955,  transladase  con a súa familia  a Trintxerpe (Pasaia),

Durante a dictadura, na súa casa de Pasaia, esconde a un vello amigo, ó que axuda a  fuxir  a Francia, volviendo a arriesgar a súa  libertade. Como durante a dictadura Franco acostumbraba a veranear en San Sebastián, miembros da guardia civil foron en más dunha ocasión ó seu comercio para coaccionalo e amedrentarlo.

Apenas falou á familia  dos sufrimentos que tivo que pasar, pero na casa de Porto do Son conservou,agochada, durante años aquela camisa rachada coa que fora torturado.

A súa  neta pequena lleva años buscando información en distintos archivos para coñocer a verdade que o seu  abó prefiríu silenciar co fin de non xenerar odio nin dor nos seus descendientes.

One thought on “Xosé Queiruga Allegue, mariñeiro e cenetista

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s