Unha vez que saían do cárcere, os presos eran sometidos a un control exhaustivo, estaban fóra do cárcere pero no eran libres, como neste caso o expreso Xosé Queiruga Allegue.
Xose Queiruga Allegue
Xosé Queiruga Allegue, mariñeiro e cenetista
Era mariñeiro de Porto do Son. En 1931, como outros moitos mariñeiros galegos, escomeza a traballar en Pesquerías e Secaderos de Bacalao de España (PYSBE), no porto de Pasaia. Inmediatamente logo de ter coñecemento do golpe militar, o mesmo 18 de xullo de 1936, malia estar recentemente operado dunha hernia e aínda con puntos, pide a alta voluntaria no hospital San José de San Sebastián para ir á fronte e defender á República loitando coa CNT, sindicato ao que se afiliara anos atrás en Porto do Son.
A principios de agosto de 1936, estando no frente de Bilbao, o Lehendakari Aguirre mostra recelos hacia a CNT polo que Xosé Queiruga decide incorporarse ó frente republicano de Asturias en setembro de 1936 ata que cae en octubre de 1937. Foi agochado en Xixón pero detido xunto a nove máis en xaneiro de 1938 cando intentaba fuxir en barco á zona republicana: Alfredo López Rodríguez, Bernardo Rodríguez Rubio, Julio Fernández López, Raimundo Vigil Alonso, Modesto Lamelas Martínez Pérez, Manuel Reiris Servia e Antonio Santamaría Cancio.
Foi torturado e xuzgado no Ferrol e condeado por “rebelión militar”.
Durante un tempo estivo no penal asturiano de Cerillero.
Ingresou no cárcere de A Coruña no ano 1938 onde estivo preso ata novembre de 1942, tras varias reduccions de pena.
Debe estar conectado para enviar un comentario.