Elvira Bao no cárcere da Coruña

Elvira Bao Maceiras, foi presa no cárcere da Coruña polo seu activismo cultural e ser membro das Irmandades de Fala.

“Desenvolveu a súa actividade docente na Escola de Redes e nas Colonias Escolares do Sanatorio Marítimo de Oza desde 1920 até 1936, ano en que foi nomeada directora. No ámbito político, foi unha activa militante do galeguismo e do republicanismo. Militou nas Irmandades da Fala da Coruña, sendo Secretaria da súa Xunta Directiva en 1918.

Elvira Bao foi membro da Agrupación Republicana Femenina da Coruña desde a súa constitución en 1933 e foi presidenta da primeira Xunta Directiva, integrada por outras destacadas republicanas como Amparo López Jean. O seu nome é recollido no semanario A Nosa Terra como intervinte en mitins do Partido Galeguista. Xunto ao seu home Bernardino Varela Docampo editaron o primeiro libro de Contos pra nenos, cun texto de autoría de Vicente Risco e ilustracións de Álvaro Cebreiro.

Como consecuencia do seu activismo político, logo do golpe de estado de 1936, pasou uns meses no cárcere e foi separada definitivamente do ensino público.”

Fonte. A Coruña da mulleres, ACAV

Elvira Bao Maceiras: Unha vida silenciada

Elvira bao

 

Elvira Bao Maceiras naceu o día 20 de maio do ano 1890 na Casa de Baños de Dorrego no barrio de Riazor. Despois de rematar a carreira de maxisterio na Escola Normal de A Coruña tivo intención de cursar os estudios de Pedagoxía en Madrid, pero as posibilidades económicas da familia non llo permitiron.

A primeira vacante que lle apareceu foi na escola da Silva (barrio coruñés que daquela era case una aldea remota), pero seu pai non a deixou ir porque pensaba que non era un destino apropiado para una moza. Anos despois fixo algún tempo escola en Redes (Ferrolterra) nun Centro creado polos indianos.

O primeiro de maio de 1920 empeza a traballar como mestra do Sanatorio Marítimo de Oza, na Coruña, dependentes do Ministerio de Sanidad y Consumo, posto que ocupa ata o mes de xaneiro de 1922, cando é nomeada mestra Permanente. Poucos meses antes do golpe militar do 1936 foille asignado o posto de Directora.

Seguir lendo