
Sabiamos da obra de Jordi Tell polos estudios de Xosé Lois Martínez , pero foi a través de Arturo Taracido Veira que coñecimos á persoa que había detrás da súa importante obra.
A investigación histórica apórtanos esa enorme emoción cando imos debrullando o fío para chegar ás persoas e ás súas vidas.
Foi Arturo Taracido Fraga , fillo do tenente alcade republicano da cidade da Coruña Arturo Taracido Veira , quen nos contou a estadía do seu pai no cárcere, as fatigas e sufrimentos que soportou a familia e as dificultades posteriores. Tamén nos falou da solidariedade e das amistades que fixeron no penal.
Durante ese ano 36 e seguintes era o cárcere un lugar lóbrego e triste pero onde decenas de persoas acudían para colaborar, para axudar coa comida para dar apoio…Gran cantidade de persoas da Coruña estaban presas e alí una gran número delas eran sometidas a consellos sumarísimos ou a cobardes “paseos”.
E soubemos da chegada – en abril do 37- dun grupo de catalanes, que viñan de Alemania, e foran enviados pola GESTAPO a Franco, e foron presos na Coruña.
Eran Jordi Tell, Jaume Gascon, Ricard Boadella, Miquel Albareda, Carlos Auernheimer e José Luís García Obregón.
Seguir lendo
Debe estar conectado para enviar un comentario.