Memorias do cárcere da Coruña: O que contarían as súas paredes

Artigo de Marcos Pérez Pena en plaza.gal

“Corporacións municipais enteiras, dirixentes obreiros, intelectuais, mestres, anarquistas, comunistas, socialistas, republicanos, guerrilleiros… Os muros da prisión provincial desta cidade foron testemuña da nosa terrible historia. Non hai peor inxustiza que ser privado da liberdade por motivo das propias ideas e neste penal estiveron moitos de numerosos lugares de Galicia e do Estado”.  A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica impulsan Memoria do Cárcere, unha iniciativa que documenta e difunde o relato das persoas que estiveron recluídas na Prisión Provincial da Coruña. 

“Os muros da prisión provincial desta cidade foron testemuña da nosa terrible historia. Non hai peor inxustiza que ser privado da liberdade por motivo das propias ideas”

O espazo web do proxecto foi presentado a pasada semana na Casa Museo Casares Quiroga, nun acto no que participaron as entidades impulsoras do proxecto e tamén o alcalde Xulio Ferreiro, así como investigadores en Memoria Histórica, o neto do ex alcalde Suárez Ferrín, Alfredo Suárez ou o historiador Luis Lamela. Os promotores de Memoria do Cárcere destacaron que a prisión foi durante anos “o máis semellante a un campo de concentración que houbo na cidade”.

“Os muros da prisión provincial desta cidade foron testemuña da nosa terrible historia. Non hai peor inxustiza que ser privado da liberdade por motivo das propias ideas”

“Queremos que se coñeza o sucedido, reflexionar sobre eses terribles anos e tamén que se libere, dalgunha maneira, o sufrimento que houbo detrás deses barrotes”. O proxecto, que vén de comezar, componse de semblantes e reseñas sobre moitas das persoas que pasaron polo cárcere, froito dun traballo de documentación e pescuda en bibliografía publicada, arquivos e de entrevistas cos mesmos ex-presos e os seus familiares e amigos. “Propoñemos conservar e exhibir estes testemuños e documentos co obxectivo de aprender desta dolorosa experiencia e contribuír modestamente a afianzar a cultura do respecto e a convivencia en liberdade”, engaden.

Os relatos

No blog xa se poden ler algúns dos primeiros relatos de persoas que pasaron pola prisión. Por exemplo, o de Alfredo Suárez Ferrín, alcalde da Coruña, “o home a quen non querían matar”. Suárez Ferrín foi detido o 21 de agosto de 1936 no seu domicilio; pasou os seus últimos días no cárcere ata que se celebrou o xuízo, os días 26 e 27 de agosto, que o condenaría a pena de morte. Agardando un indulto que nunca chegaría, foi fusilado o 31 de agosto no Campo da Rata. “Os soldados decidiron errar o seu tiro ante tal horror;  foi o tenente do pelotón militar quen tivo que disparar”, contase no blog. Publícase igualmente unha entrevista a Alfredo Suárez, neto do rexedor asasinado, que destaca que “sempre durmín coa foto do meu avó baixo a almofada”

Destácase tamén o caso de María Ángeles Rivera Torres Gelines, a única presa política no cárcere da Coruña, condenada a seis meses de prisión “por agredir con un bolso a la policía”, e por propaganda ilegal. Gelines destaca que se sentiu “moi arroupada polos compañeiros, pola familia e polas traballadoras de PYSBE”, que cada semana ían visitalos e lle levaban “comida, paquetes e mesmo un colchón mercado por elas”. Ou o de France García García “o da lejía”, xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza de morte e fusilado o 29 de xullo aos 24 anos, no mesmo lugar que o seu irmán Bebel. Tamén o de Manuel Pillado, sindicalista, que conta nas súas memorias que “a vida do cárcere da Coruña, comparada coa dos anos corenta, era un balneario”. 

Destácase tamén o caso de María Ángeles Rivera Torres Gelines, a única presa política no cárcere da Coruña, condenada a seis meses de prisión “por agredir con un bolso a la policía”, e por propaganda ilegal

Nas vindeiras semanas irán publicándose outras lembranzas e relatos, que dan conta do terrible sufrimento ao que eran sometidos os presos políticos (“As descargas eléctricas nos testículos, malleiras con toallas molladas, e horas e horas espido nun retrete de 50 por 50 centímetros en pleno inverno. Todo isto formou parte do suplicio”; Antolín Montes, preso en 1947), a vida no día a día no cárcere (“A comida era moi ruíña e sobreviviamos grazas á achega dos familiares. Os presos comúns tiñan unha situación moi calamitosa, sempre lles axudabamos”; Xosé María Loureiro Fernández, preso en 1972), pero tamén da solidariedade interna e da resistencia e loita dos condenados e condenadas (“O cárcere foi un lugar de encontro con xente valente e xenerosa. Todo o que era épico ou heroico eran eles, os líderes da clase obreira”; Pedro Morlán, preso en 1973)”

http://praza.gal/cultura/10727/memorias-do-carcere-da-coruna-o-que-contarian-as-suas-paredes/Martes 8, decembro 2015

Mesa redonda: “A vida carcelaria e a política nos anos sesenta e setenta” Ciclo “Foi no cárcere 2017”.

en lembranza de Enrique Vieira falecido o 23 de xaneiro de 2019 

O 22 do Novembro de 2017 a Casa Museo Casares Quiroga acolleu unha mesa redonda con Luís Alonso, Xan María Castro, Enrique Veira e Manuel Porto expresos políticos do cárcere da Coruña no franquismo. As súas reflexións e vivenzas percorreron o proceso político desde os anos 60 de organización de partidos e sindicatos clandestinos, os movementos sociais nos anos 70, a vida carcelaria e de represión, e o sentimentos, cun carácter retrospectivo, dos implicados.

El 22 del Noviembre de 2017 la Casa Museo Casares Quiroga acogió una mesa redonda con Luís Alonso, Xan María Castro, Enrique Veira y Manuel Porto expresos políticos de la cárcel de la Coruña en el franquismo. Sus reflexiones y vivencias recorrieron el proceso político desde los años 60 de organización de partidos y sindicatos clandestinos, los movimientos sociales en los años 70, la vida carcelaria y de represión, y el sentimientos, con un carácter retrospectivo, de los implicados.

Homenaxe ós irmáns da lexía

O domingo 26 de agosto, foi realizado a  homenaxe ós irmáns da lexía que sairon do cárcere para seren fusilados ou para lles aplicar a lei de fugas.
Bebel era xogador do Depor foi honrado  cun partido de fútbol e unha ofrenda froral no monumento erixido no honor dos catro irmáns: France, Bebel, Jaurés e Pepín.

O acto foi organizdo polos Riazor Blues e a asociación Xermolos e moitas asociaicóns máis, entre elas: memoria do carcere

Inaguración da exposición: Boix o fotógrafo de Mauthussen

 

As actividades ó redor da exposición iniciaronse coa inauguración da exposición:  Boix, fotógrafo de Mauthausen  o xoves 1 de febreiro ás 20h na CASA MUSEO CASARES QUIROGA na rúa Panaderas 12 de A Coruña coa participación de José Manuel Sande, concelleiro de Culturas do Concello de A Coruña, Carmen G-Rodeja , portavoz da ARMH, Francisco Xosé Fernández Naval, escritor, Mathilde Savary, profesora, voluntaria ARMH, Familiares dos deportados:  Agustín Cameselle ( neto Fernando Villot) e Antonio Suárez Blanco ( neta Ángela). Ó  rematar houbo un recital poético de Orleni Mateo e Efrén Nieto.

Seguir lendo

conferencia: Los españoles en Mauthausen. Francesc  Boix, testigo del horror

 

No marco das actividades de conmemoración do Holocausto, realizouse a conferencia: Los españoles en Mauthausen. Francesc  Boix, testigo del horror o xoves 8 de febreiro ás 20:00 a cargo de Benito Bermejo, investigador do Holocausto e autor dos libros: “Francisco Boix: O fotógrafo de Mauthausen, O fotógrafo do horror: A historia de Francisco Boix e as fotos roubadas aos SS de Mauthausen” e “Cartas desde Mauthausen”.  Seguir lendo

Actividades ó redor da exposición: Boix o fotógrafo de Mauthausen

O 27 de xaneiro é o Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto. Existe un descoñecemento xeneralizado da realidade de españois e galegos nos campos de concentración e de exterminio. A ARMH  solicitou  ó  Parlamento de Galicia un acto de recoñecemento ás persoas que sufriron o Holocausto e o  Parlamento de Galicia deu un paso  histórico cunha declaración institucional na que recoñece aos máis de 9.000 españois e españolas que foron deportados aos campos de concentración nazis, entre eles casi 200 galegos. Na cidade de A Coruña Inagurouse a exposición Boix o fotógrafo do Holocausto cunha serie de actividades comlmentarias: inaguración, visionado de videos, conferencias e visitas guiadas.

invitacion-web

 

Exposición de fotografía: “As pegadas no cárcere de Carabanchel” de Clemente Bernad ( ciclo: Foi no cárcere)

O cárcere de Carabanchel é un símbolo da represión da ditadura franquista. Por ela pasaron miles de antisfascistas, represaliados polas súas ideas políticas ou pola súa orientación sexual. As condición de vida entre os muros era de terror. Trala morte do ditador e das sucesivas amnistías dos chamados presos políticos, os que quedaron encarcelados sentíronse discriminados xa que tamén foran vítimas do réxime e das leis fascistas. Organizáronse en torno á COPEL e protagonizaron unha intensa loita reclamando a liberdade e un cambio radical no sistema penal e penitenciario.O cárcere pechou en 1998 e quedou abandoada. Foi derrubada en outubro de 2008. 

As fotografías de Bernad tomáronse en novembro de 1998, apenas unha semana despois do traslado dos presos de Carabanchel a outras prisións. As pegadas do lugar evidéncianse na súa obra.

Seguir lendo

Conferencia: A producción artística de Mario Granell no cárcere da Coruña ( ciclo: “Foi no cárcere”)

A figura de Mario Granell, artista e expreso político do franquismo, centrou a conferencia do ciclo de actividades de Memoria do cárcere da Coruña realizado na Fundación Luís Seoane o mércores 29 de novembro. A charla foi a cargo de José Ballesta, actual director do Museo Municipal de Vigo Quiñones de León. O acto presentouno o profesor de Historia da Arte, Jorge Calle e contamos coa presenza de Cachi Granell, filla de Mario Granell.

No cárcere producironse moitas obras:  artísticas, literarias, arquitectónicas… é o noso interese que se divulgue  para que sexa coñecido e porque mostra de primera man os efectos terribles da situación de represión que se mantén ó longo da vida dunha persoa, como foi neste caso do gran artista surrealista Mario Granell,   a quen lle influíu sempre a falta de libertade e que mostrou tan ben na súa producción artística. 

Seguir lendo