Exposición de fotografía: “As pegadas no cárcere de Carabanchel” de Clemente Bernad ( ciclo: Foi no cárcere)

O cárcere de Carabanchel é un símbolo da represión da ditadura franquista. Por ela pasaron miles de antisfascistas, represaliados polas súas ideas políticas ou pola súa orientación sexual. As condición de vida entre os muros era de terror. Trala morte do ditador e das sucesivas amnistías dos chamados presos políticos, os que quedaron encarcelados sentíronse discriminados xa que tamén foran vítimas do réxime e das leis fascistas. Organizáronse en torno á COPEL e protagonizaron unha intensa loita reclamando a liberdade e un cambio radical no sistema penal e penitenciario.O cárcere pechou en 1998 e quedou abandoada. Foi derrubada en outubro de 2008. 

As fotografías de Bernad tomáronse en novembro de 1998, apenas unha semana despois do traslado dos presos de Carabanchel a outras prisións. As pegadas do lugar evidéncianse na súa obra.

Clemente Bernad (Pamplona/Iruñe, 1963). Licenciado en Belas Artes (UCB). Fotógrafo e cineasta documentalista dende 1986, cun forte interés polas temáticas sociais e políticas dentro do seu entorno cultural máis cercano. Entre os seus traballos destacan Jornaleros,  Mujeres sin tierra, Pobres de nosotros, Canopus, o libro e a película documental El sueño de Malika, Basque chronicles, sobre o conflicto político de Euskal Herria, y Donde habita el recuerdo, sobre as exhumacións das fosas da guerra civil española. Na actualidade traballa sobre a presente situación sociopolítica e desenrola a súa actividade como profesional independente, nun amplo sentido do término.

A Exposición  “As pegadas no cárcere de Carabanchel”estivo no espacio No Importa  e foi inagurado o  mércores 15 de novembro  coa presentación do fotógrafo Xoan Piñón e a actuación do cantautor Tato López. A clausura tivo lugar  o venres 1 de decembro coa presenza e conferencia do autor Clemente Bernad

As imaxes que deixan as pegadas dun cárcere, lugar  simbólico da represión ben as podemos trasladar ao imaxinario do que ocurriu no cárcere da Coruña. As fotografías expostas reflexaron as pegadas das condicións de vida dos presos: condicións hixiénicas e  sanitarias deplorábeis. O aillamento, as intervencións das comunicacións e censura, e as torturas que executaron nese tempo.

a3-cartel-expo (1).png