Xan María Castro, activo sindicalista, pasou seis meses no cárcere da Coruña.
«Fixemos unha folga de fame e metéronos en celas de castigo. Estaban nos sotos, cunha humidade terrible e unha manta nada máis. E volvemos poñernos en folga. Eu non morrín porque o compañeiro da cela do lado, Rafael Pillado —outro coñecido sindicalista— avisou aos gardas, que me sacaron en mínimos de tensión. O caso saíu na prensa, tivo repercusión internacional, e deixaron de usar aquelas celas inhumanas»
O sindicalista Rafael Pillado conta como van marchado os compañeiros do penal da Coruña
“A pingueria de saidas tampouco e notou nos primeros momentos, porque ainda seguín entradno novos detidos políticos. Con todo, pronto fúmos facéndonos á idea de que chegaría a ocasión en que seriamos moiu poucos. Quizáis, cando máis o sentín foi ó despedirse Rafael Bárez. Os últimos anos, vividos intensamente á fronte da organización de Partido en Ferrol, uníronno fonda e afectivemente. O día que abandonou a prisión da Coruña, chorei de forma moi intensa. Nunca me ocurreu tal cousa, nin me volveu pasar. Pero ante a súa marcha , toda a emotividade, acumulada ó longo daqueles meses, desatouse de súpeto, cun choro no que mestura a alegría polos que se van coa tristeza de non poder estar aso eu lado, compartindo as loitas que estaban a agardando alá fora”
Rafael Pillado: Latexos de Vida e de Conciencia. Ed. Fuxo Buxan, Ferrol, 2012
“Outro golpe importante foi o consello de guerra contra os compañeiros Manuel Amor Deus, Xosé M. Riobó, Francisco Fernández Filgueiras, Bernardo Bastida, Ángel Porto Feal, Xosé Cabado, Ramiro Romero e Joé Xulio Miraz, a principios de novembro de 1972. Tratábase dunha basta montaxe que buscaba seguir implicando ás forzas armadas na represión dos traballadores e da cidadanía en xeral. O que non lograran nos primeiros momentos daqueles acontecementos, lográbano agora.
Un mes despois, chegabn á prisión da Coruña, procedentes da prisión militar de Caranza, Amor, Riobó, Bastida e Porto. Neste momento ainda permanecían Torregrosa, Bárez..etc pero pouco tempo, connosco: a contagotas, a Comuna ía perdendo membros. Bárez saíu a finales do vran; a Loureiro e Torregrosa concedeuselles a liberdade provisional o o 22 de decembro .
Ese ano despediríamolo os que quedábamos Julio Aneiros, Pedro Bonome, Manuel Amor, José María Riobo, Bernardo Bastida e eu, cunha cea espacial traída da casa. Pola velocidade a que viñan a miña nai e a miña muller para que a tivésemos a punto, seríalles imposta unha multa.
Antes, celebráramos unha comida cos nenos, non só os fillos dos presos, senón que estivemos acompañados polos doutros compañeiros xa postos en liberdade”
Rafael Pillado: Latexos de Vida e de Conciencia. Ed. Fuxo Buxan, Ferrol, 2012
Daniel Romero conta da vida na prisión cando ingresou por ser enlace da guerrilla.
“Estabamos todos nunha(cella).., pero surxíu o o tema de que había clases, quen queria aprender algo tiña a oportunidade de sair do medio de toda aquela xente e dedicarte a outra cousa, eu tiven a oportunidade e fixen un curso de contabilidade. E cando o rematei ofreceronme o posto de contable do economato. Ali tiven a oportunidade de andar semi libre pola cárcere.
Camilo de Dios describe as condicións nas que estivo nos tres primeiros meses de chegar ó cárcere da Coruña no ano 1949
“Cando entras no cárcere, unha persoa cunha condena, é segredo de sumario. Non podes recibir visitas, nin podes escribir nin podes recibir correspondencia.Botas tres meses aislado, nunha celda que non da ao exterior, que non ten ventás e che acenden a luz un pouquiño pola noite, outro pouquiño á mañá e outro pouquiño ao mediodía para que comas dez minutos, e danche auga. Neses dez minutos tes que comer, lavar o prato e despois lavarte tu no prato porque non tes outro sitio. Nas celdas de aislamento, neses tres meses, non hai duchas nin nada. Despois si. O día que nos sacan da celda, envolvemos o petate: unha colchoneta, unha manta. Pos a manta tendida, fanche dobrar a colchoneta, atar as catro puntas e metes os zapatos, os calcetíns e toda a roupiña que teñas. Atas as catro puntas da manta con toda a roupa, colles a manta ás costas deica a nave de desinfección. Deixas quedar a colchoneta e tu volves desnudo para a celda. Á noite vas buscar aquelo… Un olor que non se para, porque claro, aquelo é tóxico, o vapor co que o desinfectaban”.
“A experiencia foi moi dura, non tiña a conciencia nin a a formación política doutros presos como Julio Aneiros, Pillado ou Amor que eran líderes curtidos. Eu non era do PC e non tiña ese apoio”
Xosé Piñeiro Arnoso, CCOO, cárcere no 1974 con 20 anos
realizado a partir de: BLANCO CARBALLO, Antonio : Biografías obreiras de Ferrol (vol II). Fundación 10 de Marzo, Compostela, 2012.
“… (Recuerdo….) cuando en la cárcel de A Coruña, a pesar de sus dolencias físicas, fruto del disparo en los sucesos del 72, lo que llevó a nuestro compañero Rafael Pillado a solicitar del director de la prisión autorización para poder dormir en la misma celda que Julio Aneiros , porque a veces, sus dolencias le producían mareos, incluso en ocasiones hasta llegar a perder el conocimiento.
A pesar de esas dolencias, jamás lo vi irritado; al contrario, siempre pendiente de los demás, dándonos ánimos. Jamás se dedicó a sí mismo: era un ejemplo para todos, por la abnegación y la firmeza de sus convicciones, que uno echa tanto de menos ahora, incluso en la llamada “izquierda”.
Leonardo Dopico Vázquez – Exdirixente do PCG
VVAA: Julio Aneiros: la lucha imprescindible. Fuco Buxán Edicións Embora, 2004
Contaba Manuel Cruz, de Corme, preso no 1945 por axudar á guerrillan, que a comunicación no cárcere facíase por morse: “petaban nas tuberías, porque alí no cárcere había moitos telegrafistas dos barcos”. Os condeados a morte estaban en celas separadas. Sabían cando os ían matar polos siñais acústicos. Despois por morse dixenralle que Manolito Bello conseguíu que o mataran vestido con uniforme do exército guerrilleiro.
Conta Luís Costa, preso dende o ano 36 ano cárcere da Coruña, as dificultades para ter axuda de fóra e cómo agradecía a solidariedade externa. A maioria dos reclusos tiñan unha familia con dificultades económicas e moitos deles estaban tamén en prisión .
“De volta á celda atopei un cesto ó meu nome cunha magnífica centola, un cocido, tabaco e mistos. Aquilo era meu. Por ve primiera recibía algo como os outros preso e viña dalguén que non coñecía. Canta grandeza hai nestas pequeñas cousas .
Dos meu nunca recibirá nada. Eu sempre dicía que estaba moi ben e que recibía de todo. Que ía pedir se o meu pai levaba un ano no cárcere, os meus catro irmáns, eran meniños, o meu abó tiña oitenta anos e a miña probre nai non sabía como mantelos a todos. Os días de comunicación ía de Vilaxoan a Cambados a pé e descalza, dez kilómetros de ida e dez de volta. Con canta impaciencia o meu pai esperaría…. “
“Chegou outra remesa de compañeiros andaluces. Eran cerca de douscentos e viñan con roupas liviáns, macilentos, cheos de frío e de fame; a maior parte morreron de avitaminosis; lonxe da sús terra foron morrendo pouco a pouco, de frío, de fame e de nostalgia.”
Xerardo Díaz Fernández, preso no cárcere da Coruña nos anos 1938 e 1939, e autor do libro A crueldade inútil.1985. Edicións do Castro. Sada.
Debe estar conectado para enviar un comentario.