
O sindicalista Rafael Pillado conta como van marchado os compañeiros do penal da Coruña
“A pingueria de saidas tampouco e notou nos primeros momentos, porque ainda seguín entradno novos detidos políticos. Con todo, pronto fúmos facéndonos á idea de que chegaría a ocasión en que seriamos moiu poucos. Quizáis, cando máis o sentín foi ó despedirse Rafael Bárez. Os últimos anos, vividos intensamente á fronte da organización de Partido en Ferrol, uníronno fonda e afectivemente. O día que abandonou a prisión da Coruña, chorei de forma moi intensa. Nunca me ocurreu tal cousa, nin me volveu pasar. Pero ante a súa marcha , toda a emotividade, acumulada ó longo daqueles meses, desatouse de súpeto, cun choro no que mestura a alegría polos que se van coa tristeza de non poder estar aso eu lado, compartindo as loitas que estaban a agardando alá fora”
Rafael Pillado: Latexos de Vida e de Conciencia. Ed. Fuxo Buxan, Ferrol, 2012