“Outro golpe importante foi o consello de guerra contra os compañeiros Manuel Amor Deus, Xosé M. Riobó, Francisco Fernández Filgueiras, Bernardo Bastida, Ángel Porto Feal, Xosé Cabado, Ramiro Romero e Joé Xulio Miraz, a principios de novembro de 1972. Tratábase dunha basta montaxe que buscaba seguir implicando ás forzas armadas na represión dos traballadores e da cidadanía en xeral. O que non lograran nos primeiros momentos daqueles acontecementos, lográbano agora.
Un mes despois, chegabn á prisión da Coruña, procedentes da prisión militar de Caranza, Amor, Riobó, Bastida e Porto. Neste momento ainda permanecían Torregrosa, Bárez..etc pero pouco tempo, connosco: a contagotas, a Comuna ía perdendo membros. Bárez saíu a finales do vran; a Loureiro e Torregrosa concedeuselles a liberdade provisional o o 22 de decembro .
Ese ano despediríamolo os que quedábamos Julio Aneiros, Pedro Bonome, Manuel Amor, José María Riobo, Bernardo Bastida e eu, cunha cea espacial traída da casa. Pola velocidade a que viñan a miña nai e a miña muller para que a tivésemos a punto, seríalles imposta unha multa.
Antes, celebráramos unha comida cos nenos, non só os fillos dos presos, senón que estivemos acompañados polos doutros compañeiros xa postos en liberdade”

Rafael Pillado: Latexos de Vida e de Conciencia. Ed. Fuxo Buxan, Ferrol, 2012