Obxectivos

Dende o golpe de Estado do 1936 ata a proclamación da Constitución de 1978, a prisión provincial de A Coruña acolleu a miles de presos, entre eles, centos de presos políticos – sociales, dicía o réxime franquista- : corporacións municipais enteiras, dirixentes obreiros, intelectuais, mestres, anarquistas, comunistas, socialistas, republicanos, guerrilleiros, … Os muros da prisión provincial desta cidade foron testemuña da nosa terrible historia. Non hai peor inxustiza que ser privado da liberdade por motivo das propias ideas e neste penal estiveron moitos de numerosos lugares de Galicia e do Estado.

Dar voz aos que alí sufriron, lembralos , nomealos, contar a súa historia entendemos que é un deber cidadán.

Queremos que se coñeza o sucedido, reflexionar sobre eses terribles anos e tamén que se libere, dalgunha maneira, o sufrimento que houbo detrás deses barrotes.

Para iso entrevistamos a decenas de expresos, aos seus familiares e amigos e consultamos libros de memorias e de investigación sobre o alí sucedido.

Propoñemos conservar e exhibir estes testemuños e documentos co obxectivo de aprender desta dolorosa experiencia e contribuír modestamente a afianzar a cultura do respecto e a convivencia en liberdade.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s