Bebel García García “da lejía”

bebel

Naceu en Ribadeo en 1914, traballaba xunto cos seus irmáns nunha pequena fábrica de lexías en A Coruña.

Pertencía ás Juventudes Socialistas, formou parte das milicias antifascistas, participou na defensa do Goberno Civil e moi activamente na defensa da cidade contra os sublevados, trasladando a milicianos a puntos de defensa e a feridos ao hospital Labaca e facendo chegar alimentos a ese lugar.

Era xogador de Deportivo da Coruña

Foi detido o 25 de xullo pola garda civil en Guitiriz. Xulgado en A Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza de morte foi fusilado o día 29 de xullo de 1936 xunto, entre outros, ao seu irmán France.

“Era un tipo genial, una gran persona, oro de ley, muy valiente, todo un idealista. Lo quitaron de en medio por eso. Antes de que le dispararan se puso a mear delante del pelotón (….) Bebel siempre hablaba de lo mismo, había que transformar el mundo porque es injusto con los oprimidos”

Eduardo Galeano escribíu un fermoso texto sobre o seu fusilamento

Fonte
LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. 2005.
FERNANDEZ SANTANDER, C. : Alzamiento y guerra civil en Galicia (1936-39). T. II . Edicións do Castro. Sada, 2000 (pax 634)

France García García “da lejía”

1-Socialistas hacia Gob. Civil para pedir armas y municiones
Foto: primeiro a esquerda Pepin de la Lejia (José García García), detrás, con abrigo, o seu irmán France. 

Naceu en Ribadeo en 1912, traballaba no negocio familiar (unha pequena fábrica de lexías) en A Coruña. Presidente das “Juventudes Socialistas Unificadas” de A Coruña formou parte das milicias populares que defenderon o Goberno Civil, loitando tamén nas rúas da cidade contra os sublevados. Foi  detido en Guitiriz o 25 de xullo do 1936 xunto aos seus irmáns Bebel e Jaurés e xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza de morte.  Foi fusilado o 29 de Xullo aos 24 anos, no mesmo lugar que  o seu irmán Bebel. ( Jaurés foi morto na aplicación de “lei de fugas” xunto a José María Eirís e   Leovigildo Taboada)

Velaquí compartimos un poema incorporado á causa xudicial 366/37.

LAMELA GARCÍA, L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A  Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. Sada. 2005.

Jaurés García (da lexía)

si IMG_20160223_183145.jpg

Naceu en Ribadeo en 1921, a familia trasladouse a A Coruña e  Jaurés traballaba no negocio familiar da fábrica de lexías. Pertencía ás Juventudes Socialistas, formou parte das milicias populares  que defenderon o Goberno Civil, luchando tamén nas rúas  da cidade contra os sublevados,  foi detido aos 17 anos xunto aos seus irmáns  France e Bebel, en Gutiriz.

Xulgado en A Coruña por rebelión foi condeado a cadena perpetua (debido a súa idade).

O gobernador civil Florentino González Vallés ordenou o 7 de xaneiro de e 1937 que varios presos do cárcere da Coruña foran transladados a  Pamplona. O día 12, no mencer foron sacados Manuel Vázquez González, o vocal del Sindicato de camareros e socio de Germinal, Enrique Rosende Calvo, José María Eirís Carro, Jaurés García García e Leovigildo Taboada Alvarellos con destino ó tren que os levaría a Pamplona.

So chegaron os tres primeiros

Os demáis, foron conducidos polo cabo da Guardia Civil Valeriano Ibáñez Bartolomé, Amador de Mena Domínguez e Dionisio Maestre e leváronos perto do Campo da Rata e aplicáronlles a chamada “Ley de Fugas”.

Os tres homes morreron polos disparos da gardia civil encargada da custodia. Jaurés, esposado, acababa de cumplir os 18 anos, Eirís tiña 35 anos e Leovigildo Taboada -o secretario particular do gobernador civil fusilado Francisco Pérez Carballo- 61 años,

Taboada e Eirís morreron baleados esposados un ó outro.

A Jaurés, despois de morto, concédeselle unha conmutación da pena de morte por 20 anos de cadea.

Fonte:
LAMELA GARCÍA , L. : Estampas de Injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Edicións do Castro. 2005.
http://dfszee.blogspot.com.es/