Naceu en Ribadeo en 1921, a familia trasladouse a A Coruña e Jaurés traballaba no negocio familiar da fábrica de lexías. Pertencía ás Juventudes Socialistas, formou parte das milicias populares que defenderon o Goberno Civil, luchando tamén nas rúas da cidade contra os sublevados, foi detido aos 17 anos xunto aos seus irmáns France e Bebel, en Gutiriz.
Xulgado en A Coruña por rebelión foi condeado a cadena perpetua (debido a súa idade).
O gobernador civil Florentino González Vallés ordenou o 7 de xaneiro de e 1937 que varios presos do cárcere da Coruña foran transladados a Pamplona. O día 12, no mencer foron sacados Manuel Vázquez González, o vocal del Sindicato de camareros e socio de Germinal, Enrique Rosende Calvo, José María Eirís Carro, Jaurés García García e Leovigildo Taboada Alvarellos con destino ó tren que os levaría a Pamplona.
So chegaron os tres primeiros
Os demáis, foron conducidos polo cabo da Guardia Civil Valeriano Ibáñez Bartolomé, Amador de Mena Domínguez e Dionisio Maestre e leváronos perto do Campo da Rata e aplicáronlles a chamada “Ley de Fugas”.
Os tres homes morreron polos disparos da gardia civil encargada da custodia. Jaurés, esposado, acababa de cumplir os 18 anos, Eirís tiña 35 anos e Leovigildo Taboada -o secretario particular do gobernador civil fusilado Francisco Pérez Carballo- 61 años,
Taboada e Eirís morreron baleados esposados un ó outro.
A Jaurés, despois de morto, concédeselle unha conmutación da pena de morte por 20 anos de cadea.
2 thoughts on “Jaurés García (da lexía)”