O documental de Carlos A. Quirós, céntrase na figura de Fernando Miramontes xa na etapa democrática, cando na coalición PCG-PSOE accede a política municipal ferrolá. Recolle un amplo abano de testemuñas, tanto traballadores do concello, coma camaradas da loita política e familiares, que recordan vivencias nas que destacan aspectos da súa personalidade e o seu traballo político.
Seguir lendoFernando Miramontes
A loita pola liberdade de Paco Balón, un comunista ferrolán
Paco Balón foi definido por amigos e compañeiros de partido comunista como revolucionario nobre, honesto e desinteresado; loitador incansable, emblema do comunismo galego e do movemento obreiro pola loita antifranquista e pola democracia.
Compañeiros no cárcere
Na comisaría de Ferrol viu a Rafael Pillado tras o s barrotes “Deranlles unhas hostias e decíame: non teñas medo, tranquilo”. Despois detiveron a Miguel Rey e a Soto que “chegou coa cara ensangrentada”. Foi levado á prisión de Coruña xunto con Ramiro Romero e o párroco de San Pablo Antonio, Martínez Aneiros. No penal da Coruña coincidíu con Paco Rodríguez, e con numerosos compañeiros do PC, como Álvarez Areces, Rafael Pillado, Julio Aneiros, Paco Balón, Paco Filgueiras, Anxo Guerreiro, Angel Porto e Pepolo. Tamén se encontrou con Ramiro Tenreiro que xa torturaran cando a folga de Megasa, e chegou maltrecho ó cárcere. Recorda que Fernando Miramontes “chegou feito un cristo, cos ollos morados e inflamados pola violencia das malleiras e torturas que lle infrinxiron na comisaría de Ferrol: “Eu quedei desencaixado cando o vin llegar, e nunca se queixou. Sempre o admiré por eso”. Tamén maltraran a José María Cabado, “zurraranlle ben!”.
Jose Manuel Díaz Montero, sindicalista de CCOO, preso na Coruña en 1972
Debe estar conectado para enviar un comentario.