Mesa redonda: “A vida carcelaria e a política nos anos sesenta e setenta” Ciclo “Foi no cárcere 2017”.

en lembranza de Enrique Vieira falecido o 23 de xaneiro de 2019 

O 22 do Novembro de 2017 a Casa Museo Casares Quiroga acolleu unha mesa redonda con Luís Alonso, Xan María Castro, Enrique Veira e Manuel Porto expresos políticos do cárcere da Coruña no franquismo. As súas reflexións e vivenzas percorreron o proceso político desde os anos 60 de organización de partidos e sindicatos clandestinos, os movementos sociais nos anos 70, a vida carcelaria e de represión, e o sentimentos, cun carácter retrospectivo, dos implicados.

El 22 del Noviembre de 2017 la Casa Museo Casares Quiroga acogió una mesa redonda con Luís Alonso, Xan María Castro, Enrique Veira y Manuel Porto expresos políticos de la cárcel de la Coruña en el franquismo. Sus reflexiones y vivencias recorrieron el proceso político desde los años 60 de organización de partidos y sindicatos clandestinos, los movimientos sociales en los años 70, la vida carcelaria y de represión, y el sentimientos, con un carácter retrospectivo, de los implicados.

Mesa redonda: A vida carcelaria e a política nos anos sesenta e setenta (ciclo “Foi no cárcere”)

 

Coa participación Luís Alonso, Xan María Castro, Enrique Veira e Manuel Porto, o mércores 22 de Novembro,  e dentro das actividades “Foi no cárcere”,  a casa museo Casares Quiroga acolleu unha mesa redonda con expresos políticos do cárcere da Coruña no franquismo. As súas reflexións  e vivenzas percorreron o proceso político desde os anos 60 de organización de partidos e sindicatos clandestinos, os movementos sociais nos anos 70, a vida carcelaria e de represión e o sentimento retrospectivo dos implicados.

Seguir lendo

Luís Alonso Álvarez , o vran do 67 no cárcere

luis alonso alvarez busto si.jpg

Luís Alonso estudiaba Maxisterio e tiña inquedanzas;  esto fíxolle implicarse nas xuventudes do  Partido Comunista.

A presión da policía sobre os partidos políticos – e daquela era o P.C. o que tiña a maior actividade- fixo que apresaran un grupo enorme, entre eles o mozo Luís.

Un home, camarada deles , que estivera en Alemania do Leste na formación de cadros  formándose como outros militantes, parece que foi obligado a dar nomes. Daí resultou unha importante caída do PC na Coruña. E daí que Luís, o estudante, fora  visto pola policía cando camiñaba polo Cantón Pequeno. E apresado.

Mentras a familia preocupada pensaban que dous tíos policías axudarían . O xefe da BPS, un home de apelido Piñeiro, ó que todos temían, preguntaralle  a un deses familiares

-Que fago co sobriño?

– Como a todos- respostaron os tíos.

Na comisaría

Alí, cando chegou ensináronlle a outros militantes que caerán e que foran maltratados; Luís Alonso viunos con moratóns e golpes, como a Antonio Arias Curto que estaba maltreito, coa cara inflamada.

Luís sufríu golpes e paos entre os dedos e sacudidas, fixéronlle “como a todos”.

Seguir lendo