Coa participación Luís Alonso, Xan María Castro, Enrique Veira e Manuel Porto, o mércores 22 de Novembro, e dentro das actividades “Foi no cárcere”, a casa museo Casares Quiroga acolleu unha mesa redonda con expresos políticos do cárcere da Coruña no franquismo. As súas reflexións e vivenzas percorreron o proceso político desde os anos 60 de organización de partidos e sindicatos clandestinos, os movementos sociais nos anos 70, a vida carcelaria e de represión e o sentimento retrospectivo dos implicados.
Luís Alonso, Xan María Castro, Enrique Veira e Manuel Porto son, na época dos anos 60, un grupo de estudantes que pertencen na clandestinidade ás Xuventudes comunistas na Coruña. Foron apresados no ano 67 despois de ter asistido a un curso do Partido Comunista que tivera lugar en Alemaña. Serán 43 detencións en toda España e 22 en Galicia.
Esta caída forma parte do primeiro grupo de detidos do PCG e Comisións Obreiras en Galicia nun momento dunha forte implantación de novos militantes do PC e das xuventudes comunistas, especialmente da Escola de comercio, de Naútica e Maxisterio onde tiñan unha actividade cultural e de divulgación moi activa.
Esta importante caída intentou recompoñerse a través de Manuel Bermúdez Chas, Mario Lourenzo, Manuel Villares, etc.. Máis adiante foi requisado o aparato de propaganda e foron detidos no ano 1969 Luís “Ferreiro” e seu irmán Elisardo onde sofren unha forte represión e torturas.
No ano 1970 o proceso de Burgos representará unha importante movilización social que supuxo a aplicación do estado de excepción e represión conseguinte.
O franquismo segue a intensificar a presecución no seguintes anos. Ainda no ano 1972 realizanse as fortes movilizacións obreiras e ciudadanas en Ferrol coa morte de Amador y Daniel e as detencións, entre outros, de Xan María Castro xunto con máis de 60 persoas que foran presas no cárcere da Coruña. Foron eles protagonistas do Consello de guerra e do “proceso do 23”. E non foi ata o ano 1976 que sairon moitos da cadea.
Na mesa redonda achegouse en primeira voz os testemuños de expresos no cárcere da Coruña. Un achegamento íntimo do proceso no que se viron envoltos por pertencer a movementos políticos ou sindicais. Foi especialmente emotivo e clarificador os sentimentos duns mozos privados da súa liberdade polos seus pensamentos. Na sala houbo outros compañeiros que se viron reflexados nas vivenzas do que acontecía nos anos sesenta e setenta e na rolda de preguntas destacouse rol da mulleres no traballo político e a reflexión desde o presente da loita dos anos do franquismo.