Manuel Fernández López, Carta a súa irmá

Manuel Fernández López nace na Coruña, e fusílano na mesma cidade o 11 de xullo de 1937. Era médico e inspector municipal de Hixiene, envía esta carta a súa irmá Maruja.

“Marujita: estás muy lejos de mí, en este último día de mi vida. ¡Que feliz eres tú y Luis! ¡Ojalá os dure esa felicidad muchos años! Ya sé que al marcharte has venido a decirme adiós, cosa que no pudiste hacer y que yo sentí mucho, pero en esta carta, en la que quisiera ser muy extenso, pero me es imposible pues tengo que escribiros a todos, quisiera demostrarte mi gran sentimiento por no haberte dado un fuerte abrazo de despedida. ¡Triste signo ha sido el mío! Pero qué le vamos a hacer. El destino de las personas está señalado y éste es el mío.

A Luis le mando un fuerte abrazo, igual a Rafael, Estela. El tío Luis y la tía María y a todos os pido que en lo que podáis miréis por Fina y por mis hijos los cuales quedan en el mayor de los desamparos.

Bueno, Marujita, con esto doy por terminada esta despedida mandándote un fuerte abrazo de este tu buen hermano.”

Manolo / La Coruña a 11-VII-1937

Comentar esta carta de Manuel Fernández López, condenado a morte, asasinado pola sen razón da envexa e da mediocridade, dame moita tristura e ao mesmo tempo fai que me lembre dos momentos tan fermosos e cheos de vida a carón de María Elvira Fernández López (Maruja), irmá de Manuel e muller de Luis Seoane.

Con Maruja vivín moitísimos días inesquecíbeis, a través dela coñecín a Luis Seoane, como home e artista, inseparábeis un doutro, tamén coñecín a historia do exilio, emigración e morte, como esta, a do seu irmán, asasinato inxusto como tantos outros. A Manuel Fernández López, médico de profesión e boa persoa por convicción, matárono as envexas e falacias, doutor de e para todos na Ponte da Pasaxe, ao lado da Coruña, atendía a ricos e pobres, isto sumado a que acolleu na súa casa a Rufilanchas (Luís Rufilanchas Salcedo, deputado socialista e profesor auxiliar na cátedra de Jiménez de Asúa) fixo que os fusilaran aos dous o mesmo día.

Hoxe, ao recordar, escoito a Maruja na súa casa da Coruña nunha de tantas tardes pasadas con ela no cuarto que era o estudo-taller de Luis Seoane, lendo, emocionada, esta carta, e non podo máis que pensar que os asesinos (hoxe mátase de forma diferente mais ségueno a facer) continúan a enfastiar vidas por pensar e actuar de maneira diferente á que eles lles gustaría que obrásemos e vivísemos.

Hoxe Luis, Maruja e Manuel están xuntos noutro lugar, e a saber que estarán a pensar de todo o que acontece neste século XXI.

As ideas non se poden matar, a xenerosidade e a dignidade tampoco!

Nota: Fina(muller de Manuel) e os seus fillos, creo recordar, estabelecéronse en Canadá

Testemuña vivida directamente con Maruja Seoane,

Rosa Espiñeira Pan

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s