Luis Costa, una vida chea de atrancos pero un doctorado en París

Luis Costa García nace en Vilagarcía no 1915, o 26 de febrero.  Cenetista, escritor,  Bibliotecario e historiador. Tras o golpe de Estado de 1936 usou o nome falso de Juan García Durán, de Comillas, Santander.

Nace nunha familia de clase obreira. Trasládanse de Vilagarcía a Vilaxoán. Comezou coma carpinteiro e finou sendo Doutor en Historia pola Sorbona de ParÍs. “Os Costa tiñan ansia de liberdade na alma, e moita mar nos ollos azuis.” O seu pai, Cándido Costa Saborido, simpatizante da ideas republicanas, foi perseguido no golpe do 36.

Luis ingresa con 15 anos nas Xuventudes Libertarias, aos dezaeis anos era secretario da  organización en Vilagarcía. Con dezaoito presidente do Sindicato de Carpinteiros. Con vinteún, no 36, acode como delegado ó Congreso da CNT en Zaragoza.

Mata a un home accidentalmente nunha trifulca no seu posto de traballo no Porto de Vilagarcía. Fuxe a Coruña a refuxiarse con compañeiros libertarios.

En xullo do 36 canda o golpe tenta fuxir nun barco a Asturias para unirse alí á loita pero é detido pola pola garda civil. (Episodio que abre a súas memorias antifranquistas)

Ingresa no cárcere de Coruña, condeado a morte, pero  lle foi commutada a pena  aos cinco meses. Durante todo o proceso adopta o nome falso de Juan García Durán para non ser relacionado coa morte de Vilaxoán. Luis permaneceu preso sete anos, presenciando a diario como iban levando compañeiros ao fusilamento. Aproveitou para estudar, os seus mestres no cárcere foron Cesáreo e Camilo Saco, galeguistas de Monforte, foron eles quenes o iniciaron na gramática.  Posteriormente escribiu “Gramática Española: porque la gramática es una ciencia”. Seguir lendo