Axuda externa ós presos

Conta Luís  Costa, preso dende o ano 36 ano cárcere da Coruña, as dificultades para ter axuda de fóra e cómo agradecía  a solidariedade externa. A maioria dos reclusos tiñan unha familia con dificultades económicas e moitos deles estaban tamén en prisión .

“De volta á celda atopei un cesto ó meu nome cunha magnífica centola, un cocido, tabaco e mistos. Aquilo era meu. Por ve primiera recibía algo como os outros preso e viña dalguén que non coñecía. Canta grandeza hai nestas pequeñas cousas .

Dos meu nunca recibirá nada. Eu sempre dicía que estaba moi ben e que recibía de todo. Que ía pedir se o meu pai levaba un ano no cárcere, os meus catro irmáns, eran meniños, o meu abó tiña oitenta anos e a miña probre nai non sabía como mantelos a  todos. Os días de comunicación  ía de Vilaxoan a Cambados a pé e descalza, dez kilómetros de ida e dez de volta. Con canta impaciencia o meu pai esperaría…. “

Máis fusilamentos

Luís Costa  no seu libro  ” Pola libertade. a loita antifranquista de Luís Costa“, lembra os fusilamentos: ese día, 11 de xulio de 1937, foron fusilados ás 5 da mañán no campo da rata , entre eles Luís Rufilanchas  e once compañeiros mais  como os que o agocharan , o médico Manuel Fernández López e o dramaturgo Xenaro Ruano

“Os berros e os vivas recomenzaron. Foron varios os asasinados aquela noite.

Debía estar saindo do cárcere porque se sentían os motores dos coches. Dentro duns momentos todo remataría para eles: a loita, a guerra, tiranía…

E, ó cabo serían libres, sí, libres porque xa non serían.

O día comenzaba a abrir. Os paxariños rechouchiaban no patio, onde os presos  botaran unha migallas de pan. A natureza sguía inmutabe o seu curso. Que importa a morte se precisamente por ela que hai vida!(…..)

 

O Ave César dos nosos mártires ía dirixido á República , á liberdade, á democracia. No último minuto, o seu pensamento fora dirixido cara un infinito de amor, de tolerancia, de liberdade.

(…) aquela mañá non se escoitou un rumor de voces a que seguía ó toque de diana. Os presos non falaban . O silencio era a millor homena que lles podían ofrecer  ós seus compañeiros sacrificados.”

Luís Costa García, unha vida chea de atrancos pero un doutoramento en París

Luis Costa García nace en Vilagarcía no 1915, o 26 de febrero.  Cenetista, escritor,  bibliotecario e historiador. Tras o golpe de Estado de 1936 usou o nome falso de Juan García Durán, de Comillas, Santander.

Nace nunha familia de clase obreira. Trasládanse de Vilagarcía a Vilaxoán. Comezou coma carpinteiro e finou sendo Doutor en Historia pola Sorbona de ParÍs. “Os Costa tiñan ansia de liberdade na alma, e moita mar nos ollos azuis.” O seu pai, Cándido Costa Saborido, simpatizante da ideas republicanas, foi perseguido no golpe do 36.

Luís ingresa con 15 anos nas Xuventudes Libertarias, aos dezaseis anos era secretario da organización en Vilagarcía. Con dezaoito presidente do Sindicato de Carpinteiros. Con vinteún, no 36, acode como delegado ó Congreso da CNT en Zaragoza.

Mata a un home accidentalmente nunha trifulca no seu posto de traballo no Porto de Vilagarcía. Fuxe a Coruña a refuxiarse con compañeiros libertarios.

En xullo do 36, canda o golpe, tenta fuxir nun barco a Asturias para unirse alí á loita pero é detido pola pola Garda Civil (episodio que abre a súas memorias antifranquistas).

Ingresa no cárcere de Coruña no 1936, condeado a morte, pero  lle foi commutada a pena. Durante todo o proceso adopta o nome falso de Juan García Durán para non ser relacionado coa morte de Vilaxoán. Luís permaneceu preso sete anos, presenciando a diario como iban levando compañeiros ao fusilamento. Aproveitou para estudar, os seus mestres no cárcere foron Cesáreo e Camilo Saco, galeguistas de Monforte, foron eles quenes o iniciaron na gramática.  Posteriormente escribiu “Gramática Española: porque la gramática es una ciencia”. Seguir lendo

Sobre Luis Costa (Juan García Durán)

O profesor Alonso Montero reflexiona sobre a obra de  Luís Costa García que tamén estivo preso no cárcere da Coruña desde o ano 1937 ó 1942, nese tempo  publicou o libro “Pola Libertade”.

“Se non estou trabucado, ninguén, en Vilagarcía de Arousa, a súa patria, lembrou a Luís Costa García, que naceu nun fogar humilde, gañou o pan, moi novo, como carpinteiro, foi sempre leal ao ideario anarquista, padeceu anos de prisión e obtivo o título de doutor en Historia no ano 1975. Foi o eminente hispanista Pierre Vilar quen lle dirixiu a tese de doutoramento: Guerra Civil espagnole 1936-1939. Interventions sur mer. Morreu na cidade de Alacant en 1986, pero, dous anos antes, publicara na editorial Crítica, de Barcelona, o corpus bibliográfico máis completo, daquela, sobre a guerra do 36: La Guerra Civil Española. Fuentes. Archivos, Bibliografía y Filmografía.

Seguir lendo