Luís Costa no seu libro ” Pola libertade. a loita antifranquista de Luís Costa“, lembra os fusilamentos: ese día, 11 de xulio de 1937, foron fusilados ás 5 da mañán no campo da rata , entre eles Luís Rufilanchas e once compañeiros mais como os que o agocharan , o médico Manuel Fernández López e o dramaturgo Xenaro Ruano
“Os berros e os vivas recomenzaron. Foron varios os asasinados aquela noite.
Debía estar saindo do cárcere porque se sentían os motores dos coches. Dentro duns momentos todo remataría para eles: a loita, a guerra, tiranía…
E, ó cabo serían libres, sí, libres porque xa non serían.
O día comenzaba a abrir. Os paxariños rechouchiaban no patio, onde os presos botaran unha migallas de pan. A natureza sguía inmutabe o seu curso. Que importa a morte se precisamente por ela que hai vida!(…..)
O Ave César dos nosos mártires ía dirixido á República , á liberdade, á democracia. No último minuto, o seu pensamento fora dirixido cara un infinito de amor, de tolerancia, de liberdade.
(…) aquela mañá non se escoitou un rumor de voces a que seguía ó toque de diana. Os presos non falaban . O silencio era a millor homena que lles podían ofrecer ós seus compañeiros sacrificados.”